- Podcast Té con gotas
- Mundo
Joe Biden presidente: malas novas para Boris Johnson?
Esta semana o Té con Gotas fala do impacto que terá a presidencia de Joe Biden para un Reino Unido fóra da Unión Europea e conversa con Adriana Páramo, produtora e cineasta que vive entre Vigo e Londres e que vén de traballar como produtora no documental 'Entre dos tierras'
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Galego en Londres: descubrir Galicia nunha aula do Reino Unido
O galego é unha das máis de 300 linguas faladas en Londres, pero tamén integra a selecta minoría de idiomas que se poden aprender nunha escola na capital británica. Nesta aula de galego naceu hai agora dez anos Galego en Londres, un innovador proxecto educativo que xa é recoñecido no país polo traballo de proxección de Galicia que fai no Reino Unido.
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Camiña Escocia cara a un segundo referendo de independencia?
Malia que un 62% dos escoceses votaron a favor de permanecer na Unión Europea no referendo de 2016, Escocia está sendo arrastrada contra a súa vontade cara un Brexit pilotado en exclusiva desde Londres. A saída da UE e o ascenso como primeiro ministro de Boris Johnson están a reavivar os cantos de independencia nun país que en maio celebrará eleccións ao seu Parlamento nacional. O Scottish National Party (SNP), a quen todas as enquisas dan como claro gañador, xa anunciou a súa intención de convocar un segundo referendo de independencia, malia que Boris Johnson se nega a aprobalo. Encamíñase Escocia cara unha nova consulta histórica sobre o seu futuro?
- Podcast Té con gotas
- Mundo
O último xogo de Boris: por que o Reino Unido quere revisar o seu divorcio coa UE
O Reino Unido e a Unión Europea retomaron esta semana unhas negociacións críticas para decidir que tipo de relación comercial terán ambos bloques a partir de xaneiro. A relación de Irlanda do Norte coa UE e aspectos comerciais como os vinculados á pesca, que atinxen á frota galega, están no centro das friccións
- Podcast Té con gotas
- Mundo
James Badcock: "O silencio dos grandes medios sobre a vida privada de Juan Carlos I fixo un fraco favor á monarquía"
Té con Gotas entrevistaa o xornalista que, nas páxinas do Telegraph, revelou como o actual monarca español aparecía como beneficiario dun dos fondos onde o seu pai gardaba 65 millóns de euros regalados polo Rei de Arabia Saudita
- Podcast Té con gotas Galegas 2020
- Mundo
Rodríguez Miranda: "O anterior sistema de voto emigrante posibilitaba a fraude, pero era anecdótica"
Quen veu sendo secretario xeral de emigración dende 2012, Antonio Rodríguez Miranda, conversou co podcast Té con Gotas sobre as políticas para a Galicia exterior do goberno da Xunta nos últimos 10 anos.
- Podcast Té con gotas Galegas 2020
- Mundo
“A nova emigración galega é unha grande descoñecida que precisa moita análise e recoñemento”
“Non sabemos que fan nin que pensan e ese traballo científico previo é fundamental para poder deseñar as políticas públicas” di sobre a nova emigración galega Xoaquín Fernández Leiceaga, presidente do PSdeG e coordinador do programa electoral da candidatura encabezada por Gonzalo Caballero para o 12X
- Podcast Té con gotas Galegas 2020
- Mundo
Ana Pontón: "Para que haxa retorno, na emigración teñen que ter a expectativa vital de que lles pode ir ben en Galiza"
A candidata do BNG, Ana Pontón, conversou co podcast Té con Gotas sobre as propostas da formación nacionalista para a Galicia exterior.
- Podcast Té con gotas Galegas 2020
- Mundo
Antón Gómez-Reino: "Precisamos un plan de retorno dos emigrantes ben dotado de fondos, non como até agora"
Té con Gotas inicia a súa serie de programas especiais sobre as eleccións galegas, centrada nas propostas das formacións políticas para a diáspora galega e os seus plans en materia de migracións. Neste primeiro espazo, conversamos con Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común á presidencia da Xunta
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Do ceo ao inferno: o periplo de Boris Johnson ao lombo da Covid-19
Cando Johnson saíu da UCI, a aprobación do Goberno roldaba o 65%. Dous meses despois, apenas un 39% apoiaba a súa xestión, co escándalo Cummings como pinga que colmou o vaso
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Saúde mental no Reino Unido: un debate sen complexos
O Reino Unido pecha esta semana o seu mes dedicado á concienciación sobre a saúde mental. A falta de dotación destes servizos converteuse nun debate habitual nas sesións parlamentarias dos últimos anos. Té con Gotas fala coa psiquiatra coruñesa Violeta Pérez, que alerta dunha “pandemia invisible” de problemas de saúde mental que se fará notar con forza nos próximos meses
- Podcast Té con gotas
- Mundo
A vía británica ao desconfinamento
Boris Johnson anunciou o comezo da desconfinamento. Polo de agora a maior parte das medidas só aplicarán en Inglaterra, xa que a xestión do coronavirus está descentralizada.