- Podcast Té con gotas
- Mundo
Inmigración, a aliada inesperada do Reino Unido contra o coronavirus
Boris Johnson agradeceulle a dous enfermeiros estranxeiros os coidados recibidos durante a súa estadía na UCI cando estaba doente de coronavirus. Esta crise sanitaria está revelando a importancia da inmigración en moitos sectores da economía británica, incluído o da saúde.
- Podcast Coronavirus
- Mundo
Traballar desde a casa: a nova normalidade despois do coronavirus?
Conversamos con Alan Felstead, profesor da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Cardiff, sobre a implantación xeneralizada do teletraballo por mor da pandemia e as posibilidades de que esta práctica se estenda tras o paso da covid-19
- Podcast Coronavirus
- Mundo
Reino Unido endurece as medidas contra o coronavirus ante o risco dun colapso dos hospitais
Un informe do Imperial College alertou de que, coa estratexia inicial de Johnson, o sistema sanitario británico colapsaría en poucas semanas
- Podcast Té con gotas
- Mundo
O Partido Laborista elixe novo líder sen candidatos da ala centrista
O 5 de abril, cadrando coas eleccións galegas, coñecerase o nome de quen liderará o Partido Laborista e se enfrontará a Boris Johnson en 2024
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Peñas galegas no Reino Unido: os London Celtas e os RCD London
O podcast Té con Gotas xunta a dous membros das peñas do Deportivo e do Celta na cidade de Londres para falar da rivalidade dos dous equipos e do papel que xogan as súas asociacións á hora de artellar da comunidade galega na diáspora.
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Reino Unido di adeus á UE: e agora, que?
Nas derradeiras horas do Reino Unido na Unión Europea, Té con Gotas analiza o inédito escenario que se abre tras o Brexit. O primeiro paso é negociar o acordo definitivo. Dende a Unión levan meses insistindo en que un ano é moi pouco tempo para unha negociación destas características e que fixar o 31 de decembro como data final do período de transición é unha temeridade
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Do Brexit ao Megxit: revolución na familia real británica
O novo episodio de Té con Gotas pon o foco no último gran escándalo da familia real británica, sen precedentes dende 1936, cando Eduardo VIII renunciou ao trono. Ocúpase, ademais, da controversia polo cambio de horarios na conexión aérea da Coruña con Londres
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Eleccións no Reino Unido: cheque en branco a Boris Johnson para pilotar a saída da UE
Nin case unha década de austeridade nin unha xestión do Brexit con máis sombras que luces foron suficientes para que o partido Conservador británico perdese a confianza do electorado nos comicios do pasado xoves
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Conta atrás para as eleccións máis decisivas no Reino Unido
O Reino Unido elixe o 12 de decembro quen será o Primeiro Ministro nos próximos 5 anos. Boris Johnson e a súa axenda para desatascar o Brexit ou Jeremy Corbyn co seu programa de redistribución de poder e riqueza.
- Podcast Té con gotas
- Mundo
The Bristol Cable: xornalismo local de investigación con raíces cooperativas
O novo episodio de Té con Gotas achéganos ao xornal cooperativo The Bristol Cable e aos novos proxectos da xornalista galega da BBC Inma Gil
- Podcast Té con gotas
- Mundo
Eleccións no Reino Unido: un novo Parlamento decidirá o futuro do Brexit a partir de decembro
Malia que nas enquisas sobre intención de voto a nivel nacional dan unha vantaxe cómoda aos conservadores de Boris Johnson, o sistema electoral fai moi difícil anticipar un resultado. É recorrente a discusión sobre posibles pactos entre forzas pro-Brexit e pro-Remain para non dividir voto e garantir deputados para cada un dos bandos
- Podcast Té con gotas
- Mundo
A semana máis decisiva para o Brexit
Nesta semana saberase se o acordo asinado polo goberno británico e a Unión Europea conta con apoio suficiente no parlamento como para que o brexit se faga efectivo o 31 de outubro deste mes.