Xa temos data para as eleccións no UK. Esta semana o Parlamento encomendou aos británicos a difícil tarefa de sacar ao Reino Unido do bloqueo político no que se atopa a través duns comicios que se celebraran o 12 de decembro.
Malia que nas enquisas sobre intención de voto a nivel nacional dan unha vantaxe cómoda aos conservadores de Boris Johnson, o sistema electoral do UK fai moi difícil anticipar un resultado
As eleccións prevén ser unha batalla política histórica na que o pais non so se xogara o seu futuro na UE se non a posibilidade de cambiar radicalmente a súa política económica.
Malia que nas enquisas sobre intención de voto a nivel nacional dan unha vantaxe cómoda aos conservadores de Boris Johnson, o sistema electoral do UK fai moi difícil anticipar un resultado. A correlación final de forzas vai depender de como se vote nas marginal constituencies, é dicir, nas circunscricións onde as diferenzas entre a primeira e a segunda forza son moi reducidas.
Conservadores e Laboristas teñen por diante o reto de evitar a fuga de votos ao Brexit Party de Nigel Farage e aos Liberal Demócratas de Jo Swinson, convertidos nos dous polos antagonistas na batalla do Brexit.
Por que se chegou agora a un acordo sobre as eleccións e non antes? Porque a Unión Europea aceptou estender o Brexit ate o 31 de xaneiro, desbotándose así a posibilidade dun No Deal antes dos comicios, como temía a oposición.
O destino dos Laboristas pode ser máis brillante canto mellor lle vaia ao Brexit Party de Farage, porque iso significaría menos votos para os Conservadores e máis probabilidades de que os de Corbyn leven o deputado
As sondaxes a nivel nacional dan unha maioría de 10 puntos aos conservadores. Semella cómoda, pero é menor que a que lle daban nas eleccións de 2017 a Theresa May onde os tories sacaron un resultado peor do agardado.
Con todo, por como está deseñado o sistema electoral británico, unha sondaxe a nivel nacional non é indicativa de moito. As eleccións xogaranse nas circunscricións onde a diferenza entre as primeira e a segunda forza é moi reducida. Paradoxicamente, o destino dos Laboristas pode ser máis brillante canto mellor lle vaia ao Brexit Party de Farage, porque iso significaría menos votos para os Conservadores e máis probabilidades de que os de Corbyn leven o deputado.
É recorrente a discusión sobre posibles pactos entre forzas pro-Brexit e pro-Remain para non dividir voto e garantir deputados para cada un dos bandos
Con este escenario, é recorrente a discusión sobre posibles pactos entre forzas pro-Brexit e pro-Remain para non dividir voto e garantir deputados para cada un dos bandos. Esa foi a estratexia que seguiron hai meses os Liberal Demócratas e os nacionalistas galeses do Plaid Cymru (ambos Remainer) nunha circunscrición galesa, que finalmente os Libdem arrebataron ao partido Conservador.
No bando Brexiteer, hai conversas do estilo. Algúns líderes locais do partido Conservador pediron ao Brexit Party de Nigel Farage que non se presentase en zonas nas que os de Johnson teñen unha vantaxe escasa. A intención dos de Farage é ter candidaturas aló onde lles sexa posíbel, aínda que hai meses fixeran a oferta de renunciar a certas constituencies a cambio de que os conservadores pedisen o voto polo Brexit Party en feudos tradicionais do Laborismo onde gañou a opción de saír da Unión Europea.