Nin case unha década de austeridade nin unha xestión do Brexit con máis sombras que luces foron suficientes para que o partido Conservador británico perdese a confianza do electorado nos comicios do pasado xoves.
O actual primeiro ministro, Boris Johnson reforzou a feble maioría parlamentaria coa que contaba o seu partido, cunha victoria e uns índices de apoio aos tories que non se vían desde os primeiros anos de Margaret Thatcher no poder.
O grande derrotado da xornada foi o partido Laborista de Jeremy Corbyn, que perdeu algúns dos seus fortíns históricos e tivo o peor resultado desde 1935
O grande derrotado da xornada foi o partido Laborista de Jeremy Corbyn, que perdeu algúns dos seus fortíns históricos e tivo o peor resultado desde 1935. O outro grande partido nacional, os Liberal Demócratas, tampouco tiveron o mellor día. En total, perderon escanos, quedando só con 11 na Cámara dos Comúns, e a súa candidata a primeira ministra non foi sequera elixida deputada pola súa circunscripción, que pasou a mans do Scottish Nacional Party (SNP).
O SNP logrou unha vitoria esmagadora en escocia e en Irlanda do Norte, os partidos a prol da reunificación coa República sacaron por primeira vez máis votos que os unionistas británicos
Precisamente o SNP logrou unha victoria esmagadora en Escocia mentres que en Irlanda do Norte os partidos nacionalistas (a favor da unificación coa República de Irlanda) sacaron por primeira vez máis votos que os unionistas.
Brexit mediante, o conflito nacional no Reino Unido ameaza con se reforzar nos próximos meses, tendo en conta que o SNP prometeu convocar un referendo de independencia e xa comezou os trámites para solicitar a Londres a cesión de competencias para convocar unha consulta.