O Partido Laborista encara a recta final do seu proceso de primarias para elexir a un novo líder do partido sen presenza de ningún aspirante da ala máis centrista.
Os tres aspirantes, Keir Starmer, Rebecca Long Bailey e Lisa Nandy, preséntase a este proceso interno respaldando o xiro programático á esquerda dado polo anterior líder, Jeremy Corbyn, até o punto de que os seus compromisos electorais son prácticamente idénticos.
O 5 de abril, cadrando coas eleccións galegas, coñecerase o nome de quen liderará o Partido Laborista
O 5 de abril, coincidindo coas eleccións autonómicas de Galicia, coñecerase o nome do gañador ou gañadora, que será tamén aspirante a primeiro ministro nas eleccións de 2024. Por iso, e en ausencia de grandes diferenzas no programa, o debate está a xirar en torno a quen é a figura máis presidenciable para destronar ao carismático Boris Johnson.
As enquisas sinalan que Keir Starmer é quen ten máis papeletas para tomar as rendas do partido, aínda que Rebecca Long Bailey, apoiada polos sectores máis esquerdistas da formación, é considerada pola prensa como a herdeira ideolóxica do anterior líder, Jeremy Corbyn.
Starmer e Long Bailey foron membros do shadow cabinet -o Goberno na sombra- de Jeremy Corbyn antes das eleccións. Lisa Nandy fixo parte do mesmo até 2016, momento en que apoiou ao candidato contrario a Corbyn no proceso interno para elixir un novo líder.
Starmer tamén foi membro d Goberno laborista de Gordon Brown en 2008, asumindo cargos de alta responsabilidade na área de Xustiza.