Desde que comezou o seu mandato, o primeiro ministro Boris Johnson tendeu a aliñarse co presidente estadounidense Donald Trump. Esta proximidade entre os dous líderes non foi causa exclusivamente da chamada “relación especial” que une aos dous países, senón que ámbolos dous líderes tamén se recoñecían mutuamente como parte dunha nova dereita emerxente en todo o mundo.
A pesar das diferenzas entre as dúas personaxes, Boris Johnson vía en Donald Trump un aliado para levar adiante os seus plans de futuro para un Reino Unido fóra da Unión Europea. A diferenza de Joe Biden e doutros líderes demócratas, Trump era abertamente favorable ao Brexit, e amosara boa vontade para asinar un acordo comercial entre os dous estados.
A elección de Joe Biden como novo presidente deixa ao premier británico nunha situación incómoda. O líder demócrata posicionouse publicamente en contra do Brexit e condicionou calquera tipo de acordo comercial a que se respectase o Acordo de Venres Santo, ameazado pola posibilidade dunha fronteira física entre Irlanda e o Reino Unido.
Os próximos anos van ser fundamentais para as relacións diplómaticas entre os dous países, nun contexto no que o Reino Unido deixa de ser o interlocutor preferente dos Estados Unidos na Unión Europea e no que a emerxencia doutras potencias fan que os británicos perdan poder relativo.
Adriana Páramo e o dó migratorio
No podcast desta semana, en Té con Gotas entrevistamos a Adriana Páramo Pérez, produtora e cineasta que vive a cabalo entre Vigo e Londres.
Recentemente estreouse o documental Entre dos tierras, un filme dirixido por Javier Moreno e do que Páramo é produtora. Esta película afronta, o chamado dó migratorio, un proceso emocional que inclúe “o conxunto de perdas polas que pasa a persoa migrante.