Black Eyed Peas encabezan as primeiras confirmacións da segunda edición do Son do Camiño, do 13 ao 15 de xuño

Primeiras confirmacións da edición de 2019 do festival O Son do Camiño © O Son do Camiño

Iggy Pop ou Rosalía, entre os preto de corenta primeiros confirmados, entre os que tamén están os galegos Iván Ferreiro, Familia Caamagno, Marem Ladson ou Baiuca

A segunda edición do festival O Son do Camiño, que se celebrará no Monte do Gozo do 13 ao 15 de xuño, vén de desvelar este venres os primeiros artistas confirmados, preto de corenta grupos internacionais e galegos encabezados por Black Eyed Peas, Iggy Pop e David Guetta. Os abonos poñeranse á venda o próximo mércores, 27 de febreiro, ás 12 do mediodía desde 49 euros. A organización divulgou unha guía para a súa compra.

Primeiras confirmacións da edición de 2019 do festival O Son do Camiño © O Son do Camiño

Os abonos poranse á venda o próximo mércores, 27 de febreiro, ás 12 do mediodía. 

O cartel do festival, que na súa primeira edición do pasado ano vendeu todos os abonos en apenas dúas horas e congregou a uns 84.000 asistentes, foi presentado este venres pola Xunta, que o patrocina, e os seus promotores. Estes destacaron que, entre os grupos confirmados, o festival será a única actuación este ano en España de Die Antwoord, un dos poucos no que actuará Rosalía e nel Bloc Party tocará integramente o seu disco de debut Silent Alarm. Xunto con eses e outros grupos de relevancia internacional, o cartel do festival tamén conta con galegos como Iván Ferreiro, Eme Dj, Marem Ladson, Baiuca ou Familia Caamagno. 

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.