Cans amosa a forza do audiovisual galego e das curtametraxes das súas "novas camadas", que se poden ver en VINTE

Edición 2022 do Festival de Cans © Festival de Cans

O Festival de Cans pechou esta fin de semana a súa edición número 19 cun éxito de publico e unha elevada calidade dos traballos presentados. Foi unha edición de regreso á normalidade, despois de dous anos marcados pola pandemia de COVID-19. Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe.

Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe

Ademais, o xurado outorgou o premio á Mellor Dirección a Lois Patiño e Matías Piñeiro por Sycorax, que fixo dobrete e tamén acadou o Premio á Mellor Fotografía. O actor vigués Santi Prego fíxose co galardón ao Mellor Actor pola súa actuación en Devoradora de nenos. O premio á Mellor Actriz foi para Violeta Gil Así vendrá la noche. O galardón á Mellor Fotografía recaeu en Mauro Herce, por Sycorax e o Mellor Guión levouno o realizador de Marín Ángel Santos por Así vendrá la noche. Outros dos galardóns desta noite foron para a banda sonora orixinal de Sauerdogs, composta por Zeltia Montes.

Finalmente, Reaction, a curta de animación de David Fidalgo, recibiu a mención especial do xurado. Así mesmo, o xurado dos veciños outorgou o seu premio ao western Sauerdogs, do director vigués Guillermo de Oliveira e La entrega valeulle a Pedro Díaz o Premio do Público.

Premiados e premiadas na edición 2022 do Festival de Cans © Festival de Cans

Unha das seccións máis destacadas do festival é a de Novas Camadas, pois amosa os traballos da xeración máis nova de creadores e creadoras de Galicia, grazas ao patrocinio de Deleite. Dende o martes, todas estas pezas poderán verse en Vinte completamente de balde

Unha das seccións máis destacadas do festival é a de Novas Camadas, pois amosa os traballos da xeración máis nova de creadores e creadoras de Galicia, grazas ao patrocinio de Deleite. Na sección competiron curtametraxes de directores e directoras saídas dos centros de Audiovisual e Belas Artes do país. Dende este martes todas estas pezas poderán verse en VINTE completamente de balde. Iso si, cada curta estará dispoñible unicamente durante 24 horas dende a súa estrea.

  • Martes 24. A casa dos avós (Candela Conde)
  • Mércores 25. A moza da bufanda vermella (Martín Caínzos)
  • Xoves 26. Papá, mamá, por que? (Lucía González)
  • Venres 27. Welcome to Gardenland (Aarón Pérez Pardiñas)
  • Luns 30. Respirar  (Miriam Bello e Miriam Canicoba)
  • Martes 31. El asesinato de R. Sánchez por el cobarde de Heidi Chester (Gabriel Rey)
  • Mércores 1. Miradas (Sandra Gutiérrez)
  • Xoves 2. As pétalas murmuran (Arantxa Ramos)

O Festival de Cans pechou esta fin de semana a súa edición número 19 cun éxito de publico e unha elevada calidade dos traballos presentados. Foi unha edición de regreso á normalidade, despois de dous anos marcados pola pandemia de COVID-19

Un dos triunfadores desta edición foi o realizador Eloy Domínguez, que o ano pasado gañara o can de pedra por Os Corpos na sección Furacáns, de curtas de non ficción, e que neste 2022 triunfou na de Ficción con Rompente. O xurado destacou a capacidade de enunciar unha realidade desde a limpeza da mirada desta obra, que viña de recibir o premio á mellor curtametraxe no Festival de Málaga.

De igual xeito, Diana Toucedo, galega residente en Barcelona e directora da premiada longametraxe Trinta Lumes, conseguiu o premio para a súa curtametraxe Tatuado nos ollos levamos o Pouso. Esta curta, que retrata o traballo das mariscadoras de Cesantes, á beira da illa de San Simón, foi valoradapola cadencia das imaxes e o ritmo que imprime o deseño sonoro, aportando unha visión singular e poética sobre o traballo das mariscadoras”.

'As pétalas murmuran', de Arantxa Ramos, gañou o premio na sección de Novas Camadas © Festival de Cans

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.