A MICE recupera este ano a presencialidade de todas as seccións e actividades. Malia a todo, contará tamén con programación específica para a rede
A 17ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico celebrarase entre o 28 de marzo e o 2 de abril no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Tres filmes galegos participarán na sección oficial. Os títulos, escollidos entre máis de mil candidaturas chegadas de todo o mundo, son Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, El último de Arganeo, de David Vázquez, e Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo.
As proxeccións da mostra, que conta co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Agadic, terán lugar tamén en Numax, no CSC de Conxo e no Teatro Principal. A MICE recupera este ano a presencialidade de todas as seccións e actividades. Malia a todo, esta décimo séptima edición do festival contará tamén con programación específica para a rede.
Os tres filmes galegos na sección oficial, escollidos entre máis de mil candidaturas chegadas de todo o mundo, son Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, El último de Arganeo, de David Vázquez, e Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo
Resonancias do pasado é o novo filme de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, que forman parte de O faiado da memoria, a asociación arousana que recupera a memoria de Vilagarcía. Neste filme reconstrúen a vida da vila a partir de vellas películas domésticas gardadas pola veciñanza, que van dos anos 20 aos 80 do pasado século
Notas sobre os cesteiros de Mondariz fálanos dunha tradición artesá de gran valor sociocultural que pervive na memoria colectiva deste concello do Sur da provincia de Pontevedra. A tradición que encarna Enrique Táboas, o último cesteiro de Mondariz, conéctase no filme coa proposta innovadora de Idoia Cuesta.
El último de Arganeo trae de novo á MICE a Dávid Vázquez. O chantadino xa estivera no festival en 2017 con O Moredo. A resistencia do Entroido ribeirao. Nesta ocasión, o director rodou en León para contar a historia de Edilberto Rodríguez, un mozo de 24 anos que o deixa todo para ser pastor na terra dos seus avós.
'Impropias', unha viaxe pola antiga URSS
A sección Impropias estará protagonizada por directoras do leste de Europa. A crítica e programadora de cinema búlgara, búlgara, Mariana Hristova, será a encargada de comisariala. A súa selección fai un percorrido polas antigas terras soviéticas a través de catro realizadoras
Ademais, destaca a sección Impropias, que estará protagonizada por directoras do leste de Europa. A crítica e programadora de cinema búlgara, búlgara, Mariana Hristova, será a encargada de comisariar esta sección paralela.
A súa selección fai un percorrido polas antigas terras soviéticas que, actualmente en contextos e fronteiras diferentes, aínda están conectadas por un pasado común que definiu a vida social, laboral e persoal dos seus habitantes e que, como vemos precisamente cos tristes acontecementos destes días, segue tendo un peso fundamental. As películas que se proxectarán dentro de Impropias son: Transnistra, da cineasta sueca Ana Eborn, Sunny/Mziuri da directora xeorxiana Keti Machavariani, Vacacións, da directora rusa Maria Razbezhkina, The Hope Factory, da tamén creadora rusa Natalia Meshchaninova, e Heat Singers, da ucraína Nadia Parfam.
Lindes é outra das seccións paralelas, un punto de encontro ao redor dos procesos creativos e de documentación de filmes con interese etnográfico, no que a muller volve ter protagonismo
Outra das seccións do festival, Trazas, na que a MICE colabora co Cineclube de Compostela, ten como coordinador, este ano, a Vicente Vázquez Peleteiro. Como convidado especial estará o cineasta catalán Ferrán Llagostera, co filme “El mar de los peces. Notas sobre el Gran Sol”.
Lindes é outra das seccións paralelas desta 17 edición da MICE. Un punto de encontro ao redor dos procesos creativos e de documentación de filmes con interese etnográfico, no que a muller volve ter protagonismo. Proxectaranse Nación, de Margarita Ledo, A virxe roxa, de Marcos Nine e Cadernas de Olloboi, un documental sobre o cine nas aulas galegas nos últimos 10 anos.
Formación, mesas de debate e Olloboi
Entre as actividades presenciais destacan os talleres de formación e as mesas de debate. O antropólogo e fotógrafo Jorge Moreno Andrés e a tamén antropóloga e cineasta Adriana Vila son os docentes do obradoiro desta edición. Son 12 horas de formación especializada baixo o título Anversos e reversos: metodoloxía etnográfica dos procesos creativos. As mesas de debate profesional, artelladas en colaboración con PROXECTA, a coordinadora galega de festivais de cinema, e con CREA, a asociación dos e das profesionais da realización, xirarán entorno aos procesos de creación e divulgación de proxectos de difusión do cinema documental.
Entre as actividades presenciais destacan os talleres de formación e as mesas de debate
Tamén haberá actividades para os centros escolares e para familias na sección MICE Petís. Este ano o Olloboi, festival audiovisual de curtametraxes feitas no ámbito escolar que naceu en 2009 en Boiro, é o coordinador da proposta da MICE para o público máis novo. O programa consta dunha selección de curtas recentes promovidas desde este festival e que constituirán sesións presenciais en horario matinal no Museo do Pobo Galego para o alumnado de escolas e institutos.