Os Premios María Casares entregaranse o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatro Romea, ‘A lúa vai encuberta’, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, e ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego optan ao premio ao mellor espectáculo teatral do ano en Galicia. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) deu a coñecer este mércores os finalistas da edición 2022 dos Premios María Casares, que se entregarán o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Ademais das tres obras mencionadas, que competirán polo galardón principal, tamén 'Othello', de Voadora, suma un gran número de finalistas (8), as mesmas que 'Cigarreiras' (8), unha máis que ‘A lúa vai encuberta’ (7) e dúas máis que ‘Terceiro acto’ (6).
‘Hugo’, dos Náufragos Teatro; ‘Quixote’, de Pedras de Cartón, e ‘Cubo’, de Elefante Elegante, son finalistas na categoría de mellor espectáculo infantil
'O charco de Ulises', do CDG, con dous finalistas, 'Comando Comadres', de Matrioshka Teatro, con dous tamén, figuran tamén entre as obras con máis dunha opción de premio. Mentres, 'Morgana en Esmelle', de Sarabela Teatro, 'A parábola do angazo', de Talía Teatro; 'A cazola de Lola', de Tanxarina, 'Soga e cinsa', de Aporía Escénica, e 'Serva me Servabo te', do Centro Dramático Galego, contan cunha única candidatura de finalista
‘Hugo’, dos Náufragos Teatro; ‘Quixote’, de Pedras de Cartón, e ‘Cubo’, de Elefante Elegante, son finalistas na categoría de mellor espectáculo infantil.
Relación de finalistas por montaxes
- Cigarreiras, de Contraprodución e Teatre Romea (8 finalistas): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actriz protagonista (Tamara Canosa e Susana Dans), adaptación/tradución (Cándido Pazó), escenografía (Dani Trillo), vestiario (Martina Cambeiro) e maquillaxe (Martina Cambeiro).
- Othello, de Voadora (8 finalistas): dirección (Marta Pazos); actor secundario (Hugo Torres), adaptación/tradución (Fernando Epelde), música orixinal (Hugo Torres), iluminación (Nuno Meira), escenografía (Marta Pazos), vestiario (Silvia Delagneau) e maquillaxe (Silvia Delagneau).
- A lúa vai encuberta, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (7 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actor protagonista (Davide González), actor secundario (Tito Asorey), adaptación/tradución (Vanesa Sotelo), música orixinal (Davide González) e Iluminación (Laura Iturralde).
- Terceiro acto, do Centro Dramático Galego (6 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Roberto Leal e Eduardo R. Cunha ‘Tatán), actriz protagonista (Belén Constenla), texto orixinal (Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez) e escenografía (Marta Pazos)
- O charco de Ulises, do Centro Dramático Galego (2 finalistas): actriz secundaria (Mónica Camaño e Raquel Espada)
- Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (2 finalistas): actriz secundaria (Anabell Gago) e maquillaxe (LaPelu F.Silva)
- Quixote, de Pedras de Cartón (2 finalistas): vestiario (Diego Valeiras) e espectáculo infantil.
- A parábola do angazo, de Talía Teatro (1 finalista): texto orixinal (Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo).
- Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (1 finalista): actor secundario (Fernando Dacosta)
- A cazola de Lola, de Tanxarina (1 finalista): música orixinal (Ailén Kendelman).
- Soga e cinsa, de Aporía Escénica (1 finalista): texto orixinal (Diana Mera)
- Seva me Servabo te, do Centro Dramático Galego (1 finalista): iluminación (Laura Iturralde)
- Cubo, de Elefante Elegante (1 finalista): espectáculo infantil
- Hugo, de Os Náufragos Teatro (1 finalista): espectáculo infantil.
Os galardóns están organizados pola AAAG dende a súa creación no ano 1997
Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación no ano 1997 e contan tradicionalmente co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE, Fundación SGAE ou Gadis, entre outros.