Eloy Enciso, premio ao Mellor Director no Festival de Locarno

Eloy Enciso, á dereita, galardoado co Premio Boccalino D'Oro ©
Publicidade
Publicidade

'Longa noite' foi unha das películas triunfadoras no Festival de Cine de Locarno, que finalizou este sábado. O filme fíxose con prestixioso premio Boccalino D'Oro ao mellor director, que recolleu o realizador Eloy Enciso. A Asociación da Crítica de Cine Independente, que entrega o recoñecemento, destacou que se trata dun "filme indispensable, que afonda nos pregues da memoria e da historia co fin de sacar á luz, nunha longa viaxe a través da noite, os perpetuos mecanismos da opresión e a dominación".

A película narra con actores e actrices non profesionais a historia dun home que regresa a súa terra natal anos despois da Guerra Civil, descubrindo a través de conversas durante a súa viaxe como a propia guerra e a ditadura franquista transformaron as relación entre as persoas. O guión parte de fragmentos de obras de autores como Max Aub, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela e a partir deles busca “reconstruir o tempo da posguerra a través de narracións e memorias desa época". Trátase dun filme coral, onde un conxunto de personaxes e voces amosan "unha imaxe da Galicia daqueles anos, en especial os mecanismos do poder nas sociedades totalitarias”, destaca o director.

Trátase da terceira longametraxe de Enciso, despois de Pic-nic (2006) e Arraianos (2012), que xa fora seleccionada en Locarno e premiada no BACIFI de Bos Aires.

'Longa Noite' estrearase o vindeiro 5 de decembro nos cines, pero antes viaxará aos festivais de Toronto, dentro de la Sección Wavenlenghts, e Nova York, na sección Projections, no que suporá o seu primeiro pase nos Estados Unidos.

Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Celsa Arújo, Verónica Quintela, Manuel Pumares e Suso Mellán son algúns dos actores e actrices que protagonizan a película, producida por Filmika Galaika. A outra película desta produtora que participaba en Locarno, 'Those That, At a Distance, Resemble Another', de Jessica Sarah Rinland, obtivo unha Mención Especial do Xurado na sección 'Moving Ahead'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.