- REPORTAXE | "Todo isto é inútil" e outras mentiras na Sección Oficial do Festival de Cans
- VÍDEOS | Unha ducia de videoclips finalistas no Festival de Cans 2018
A curtametraxe Matria, de Álvaro Gago, foi a gran triunfadora da XV edición do Festival de Cans, no que obtivo catro premios: á mellor curta de ficción, interpretación feminina (Francisca Iglesias), do público e do xurado dos veciños. Alvaro Gago repite así éxito en Cans, onde xa gañou o premio á mellor curta por Curricán en 2015. O festival destaca o alto nivel da sección de animación, con dúas películas, Afterwork e Sea, premiadas nas categoíras xerais. Remata así unha edición pola que pasaron nomes como Fernando Trueba, Gracia Querejeta ou Chelo Loureiro.
Palmarés do XV Festival de Cans
- Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Matria, de Álvaro Gago, “pola súa incontestable contundencia e sensibilidade”.
- Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: El reloj, de Borja Santomé, “polo universo de sensacións que crea”.
- Premio do xurado á mellor curtametraxe de non ficción (FuraCans): Europa, de Hugo Amoedo, “pola súa urxencia de contar, pola necesidade de filmar, pola súa liberdade narrativa e polo seu grao de reflexión formal sobre a linguaxe cinematográfica”.
- Premio do público á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago.
- Premio do xurado dos veciños e veciñas á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago, “por retratar unha realidade próxima e invisibilizada, por presentar a unha muller que loita contra a adversidade e por facelo de maneira que calquera persoa pode identificarse co seu sacrificio e xenerosidade”.
- Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Eloi Sánchez Palau, por Después de la bandera, “por trasladar de forma elocuente o xogo arriscado da película”.
- Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Francisca Iglesias, por Matria, “por conseguir dende a naturalidade unha interpretación excepcional”.
- Premio CREA do xurado á mellor realización: Miriam Albert Sobrino e Sonia Albert Sobrino (Also Sisters) por The Film Machine, “por xogar habilmente coa linguaxe cinematográfica”.
- Premio AGAG do xurado ao mellor guion: Luis Usón por Afterwork, “por mostrar de forma brillante unha realidade contemporánea pervertendo clásicos da animación”.
- Premio do xurado á mellor banda sonora: Raúl Costafreda por Sea, “por mergullarnos no seu mar de area”.
- Premio do xurado ao mellor videoclip: Omertá, de Gero Costas para BALA, “por plasmar o espírito do grupo, integrando a imaxe e a canción, transmitindo moita forza, enerxía e visceralidade a través dun estilo directo”.
- Premio do público ao mellor videoclip: Sobre el mismo alambre, de Miryam Pato para Silvia Penide con Eladio Santos.
- Premio da Can Parade: Jessica Ramilo, “Jess”.
- Mención especial do xurado de ficción: A Cat in the Window, de Félix Brixel, “por mostrar con sinxeleza o complexo”.
- Mención especial do xurado FuraCans (non ficción): La mujer invisible, de Noemi Chantada, “por poñer voz e rostro ao que está na sombra e por subliñar o xesto político inherente á creación cinematográfica”.