- 🟪🟧🟦 EN VINTE | 'Fomos ficando sós' Canoura singra o mar dos afectos perdidos na súa primeira longametraxe
A xornada de clausura estivo marcada pola entrega de galardóns nas seccións competitivas, do Premio Especial Curtocircuíto Atlas á cineasta Marie Losier e pola proxección de Fomos ficando sós, a primeira longametraxe do cineasta lucense Adrián Canoura
O Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, pechou este domingo a súa 23ª edición. A xornada de clausura estivo marcada pola entrega de premios nas distintas seccións competitivas e pola entrega, tamén, do Premio Especial Curtocircuíto Atlas á cineasta Marie Losier, en recoñecemento a unha traxectoria que ampliou os límites do cinema contemporáneo a través dunha mirada profundamente libre e singular. Na clausura destacou tamén a proxección de Fomos ficando sós, a primeira longametraxe do cineasta lucense Adrián Canoura.
Foron varios días de proxeccións, encontros e propostas audiovisuais que volveron ocupar salas e espazos urbanos da cidade. Esta 23ª edición "reafirma o novo modelo do festival, que nesta edición consolidou a súa aposta por un formato máis expandido, aberto á cidade e de ocupación do espazo público", destaca a organización.
Esta 23ª edición "reafirma o novo modelo do festival, que nesta edición consolidou a súa aposta por un formato máis expandido, aberto á cidade e de ocupación do espazo público", destaca a organización.
"A excelente acollida das proxeccións ao aire libre, das actividades paralelas e dos concertos audiovisuais confirmou a conexión do público cunha programación que leva o cinema e a creación contemporánea máis aló das salas", engade.
Os premios
Na competición internacional Cosmos, o xurado concedeu o Premio Cosmos ao Mellor Filme a Dieu est timide (2025), de Jocelyn Charles. A Mención Especial foi para When the Geese Flew (2025), de Arthur Gay.
O Premio Cosmos ao Filme Innovador recaeu en like moths to light (2026), de Gala Hernández. A Mención Especial foi para Sawyer Avenue, Sunday Afternoon (2026), do norteamericano Bill Morrison
Na competición internacional Cosmos, o xurado concedeu o Premio Cosmos ao Mellor Filme a Dieu est timide (2025), de Jocelyn Charles. O Premio Cosmos ao Filme Innovador recaeu en like moths to light (2026), de Gala Hernández
Nas competicións dedicadas ao talento galego, o Premio GZ ao Mellor Filme Galego foi para A voz de todas as cousas, de Daniel Pérez Silva, mentres que a Mención Especial Galicia distinguiu Broom Broom Follar de Sohu.
Na sección Supernova, o galardón foi para El silencio de Allen Robert Angelo, de Marzo Lozano e a Mención Especial recaeu en Fun abalar a pedra que está no medio do mar, de Breogán Xague. O Premio do Público foi para Singing of the Evening Stars, de Iris Sang.
O Xurado Novo distinguiu co seu premio Loynes, de Dorian Jespers. Ademais, concedeu unha Mención Especial a As I Lay Dying, de Mohammadreza Farzad e Pegah Ahangarani.
Nas competicións dedicadas ao talento galego, o Premio GZ ao Mellor Filme Galego foi para A voz de todas as cousas, de Daniel Pérez Silva. Na sección Supernova, o galardón foi para El silencio de Allen Robert Angelo, de Marzo Lozano
A clausura completouse coa proxección de Fomos ficando sós, a primeira longametraxe de Adrián Canoura, que se serviu tamén de peche do ciclo Psicoxeografías, dedicado a obras que exploran a realidade e a existencia humana desde distintas aproximacións á etnografía experimental.
Entre o cinema ensaio, o documental e a exploración sensorial, Fomos ficando sós constrúe unha travesía emocional entre o director e o seu pai a bordo dun barco pesqueiro rumbo ao Gran Sol. A partir desa experiencia compartida, a película afonda na relación entre xeracións, na memoria familiar e no mar como espazo físico e emocional.
🔵🟠🟣 EN VINTE | 'Fomos ficando sós' Canoura singra o mar dos afectos perdidos na súa primeira longametraxe
Adrián Canoura embarca ao Gran Sol, por fin, xunto ao seu pai, patrón de pesca de altura, no barco familiar “Raúl Primeiro”. Alí grava o día a día dun barco pesqueiro e fai realidade a súa primeira longametraxe. Inspirado polos versos de Manuel Antonio executa unha peza documental de carácter experimental coa que pecha as feridas da distancia entre pai e fillo e cumpre o soño –compartido- de levar o temón do barco.