A 23ª edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago, comezou este martes coa proxección de Despois das cidades, o novo filme de Xacio Baño
A 23ª edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, comezou este martes as súas actividades coa inauguración do evento no Teatro Principal, precedida dunha proxección ao aire libre nos xardíns do Hotel NH Collection Santiago. A apertura oficial incluíu a proxección de Despois das cidades, o novo filme de Xacio Baño, que tamén interviu no acto.
A película propón unha reflexión coral arredor de Santiago de Compostela a través de múltiples voces, cartas e postais, construíndo unha mirada sobre a memoria, a paisaxe e as transformacións do espazo urbano. Ademais, este mércores ao mediodía o Paseo dos Camelios do Hotel NH Collection Santiago acolleu un encontro aberto arredor do filme no que o director Xacio Baño conversou coa historiadora e política Encarna Otero e co filósofo e escritor Antón Baamonde sobre o proceso de creación do filme e as reflexións que suscita arredor da memoria, a paisaxe e as transformacións do espazo urbano.
O festival dedicará un foco á cineasta francesa Marie Losier, referente internacional do cinema experimental máis divertido e autora dunha singular galería de retratos de artistas, músicos e creadores das últimas década
Ata o vindeiro 5 de xullo, Curtocircuíto despregará unha programación que combina as competicións oficiais Cosmos, Planeta GZ e Supernova con focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López, o premio Atlas á cineasta Marie Losier, concertos audiovisuais, encontros con cineastas, residencias artísticas e actividades abertas ao público.
O festival dedicará un foco á cineasta francesa Marie Losier, referente internacional do cinema experimental máis divertido e autora dunha singular galería de retratos de artistas, músicos e creadores das últimas décadas. Ao longo da súa traxectoria construíu unha extraordinaria galería de figuras fundamentais da cultura underground europea e norteamericana, retratando artistas e músicos como Alan Vega, Genesis P-Orridge, Peaches, Guy Maddin ou The Residents desde unha proximidade que transforma cada filme nun espazo de complicidade, liberdade e creación compartida.
Nesta nova edición, Curtocircuíto presenta un total de 21 filmes procedentes de 16 países que conforman a sección oficial Cosmos
Nesta nova edición, Curtocircuíto presenta un total de 21 filmes procedentes de 16 países que conforman a sección oficial Cosmos. No festival, o público poderá viaxar a través de obras chegadas de Nova Zelandia, Irán, China, Estonia, Sudáfrica, Estados Unidos, Suíza, Alemaña, Austria, Francia, Bélxica ou Macedonia do Norte, entre outros territorios que compoñen un mapa plural e en constante transformación. A selección inclúe ficción, documental, animación e obras híbridas que exploran os límites da linguaxe audiovisual contemporánea. Cosmos destaca tamén pola presenza de creadoras, o 53% dos traballos están dirixidos por mulleres.
Destacan tamén os focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López. Así mesmo, o ciclo Psicoxeografías proxectará os últimos traballos de Carlos Casas, Xacio Baño, Aleix Plademunt e Carlos Marqués-Marcet e Adrián Canoura
Destacan tamén os focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López. O artista visual e músico británico Lawrence Lek protagonizará un foco sobre futuros automatizados, simulación dixital e intelixencia artificial. De igual xeito, a cineasta Gala Hernández, unha das ensaístas máis lúcidas da cinematografía contemporánea, presentará un percorrido pola súa obra sobre comunidades dixitais, neurocapitalismo e internet como territorio político.
Así mesmo, o ciclo Psicoxeografías proxectará os últimos traballos de Carlos Casas, Xacio Baño, Aleix Plademunt e Carlos Marqués-Marcet e Adrián Canoura. A programación complétase con actividades protagonizadas pola escritora e pensadora Marta Echaves, o fotógrafo Ricardo Cases e o artista Aleix Plademunt.
Atención á nova creación galega
O cineasta, fotógrafo e arquitecto Tono Mejuto protagonizará a sesión especial Terra cun percorrido pola súa traxectoria. Trátase dunha figura fundamental para comprender os cruces entre cinema, territorio, arquitectura e paisaxe na creación galega contemporánea
A cita empresta unha atención especial á produción galega, especialmente aos novos e novas creadoras. Así, a sección Planeta GZ reúne once obras que amosan a diversidade e vitalidade do cinema galego contemporáneo. A selección inclúe ademais varias estreas en Galicia e reúne algúns dos traballos máis recentes de cineastas fundamentais da creación contemporánea como Bea Lema, Diana Toucedo ou Guillermo de Oliveira. Pola súa banda, a sección Supernova consolídase como escaparate das novas voces máis arriscadas e experimentais daTexto Rich Text EditorHeadingParagraphParagraphHeading 1Heading 2Heading 3Bold (CTRL+B)BoldItalic (CTRL+I)ItalicLink (Ctrl+K)LinkBulleted ListBulleted ListNumbered ListNumbered ListBlock quoteBlock quoteUndo (CTRL+Z)UndoRedo (CTRL+Y)Redo delete_forever swap_vert canteira audiovisual galega.
Ademais, o cineasta, fotógrafo e arquitecto Tono Mejuto protagonizará a sesión especial Terra cun percorrido pola súa traxectoria. Trátase dunha figura fundamental para comprender os cruces entre cinema, territorio, arquitectura e paisaxe na creación galega contemporánea. A súa obra desenvolve unha investigación constante sobre os modos de habitar o espazo e as transformacións do territorio contemporáneo a través do cinema en 16 mm e da fotografía química.
Así mesmo, Noite Malandra presenta unha nova proposta audiovisual creada por Marcos PTT e Unitaria. Partindo dunha premisa tan incómoda como recoñecible —esas mensaxes que desexariamos non ter enviado, vídeos que nunca foron pensados para seren vistos en público—, a sesión mergullará o público nunha sesión de pezas breves que sirven de exercicio de autoficción colectiva. A colaboración co Cineclube de Compostela completa a programación galega de cinema.
Música no Curtocircuíto
O Curtocircuíto inclúe cada ano unha escollida programación musical a través de concertos audiovisuais. Ryoichi Kurokawa encabeza o cartel e presenta nD
O Curtocircuíto inclúe cada ano unha escollida programación musical a través de concertos audiovisuais. Ryoichi Kurokawa encabeza o cartel destes concertos audiovisuais e presenta nD, a nova evolución dun dos artistas máis influentes da escena audiovisual internacional. Marta Verde e José Venditti, Los Sara Fontan e Tamara de la Fuente, Arvin Dola e Irene Gaumé e Artur M Puga e Sevi Iko Dømochevsky completan unha programación marcada polo intercambio entre artistas galegos e estatais.
O festival conta cun abono xeral de 25 euros, válido para todas as actividades programadas no Teatro Principal, Auditorio e NUMAX. As entradas individuais terán un prezo de 4 euros para as proxeccións de cine e de 7 euros para as sesións Live AV, mentres que os DJ sets na Sala Fantástica serán de acceso libre. As actividades programadas nas prazas da cidade serán tamén de acceso libre e gratuíto.