A XLI edición do Premios da Crítica de Galicia anunciou este mediodía en Vigo, no marco do seu habitual xantar anual, o listado de galardoados deste ano. A nena do abrigo de astracán, do falecido o pasado xuño Xabier P. Docampo, obtivo o Premio da Crítica de Galicia de Creación.
Os recoñecementos foron anunciados este sábado no tradicional xantar anual celebrado en Vigo
Na categoría de Investigación, o premio foi para José Luis Mascareñas, catedrático de química orgánica. Na de Iniciativas Culturais e Científicas, foi parar a Ana Romaní, xornalista directora do Diario Cultural da Radio Galega. En Cine e Artes Visuais o premiado foi para Matria, a curtametraxe de Álvaro Gago. En Música a gañadora foi Mercedes Peón. En Artes Plásticas o premio para Javier Alonso de la Peña, responsable do plan director da Catedral de Santiago. En Artes Escénicas, para a Mostra Internacional de Teatro de Cangas. E na categoría de Cultura Gastronómica o premio foi para a Federación de Razas Autóctonas de Galiza (Boaga).
A edición do pasado ano, a do corenta aniversario, ocasión para a que a TVG elaborou un documental repasando os anos previos, contou entre os galardoados, na categoría de Investigación, co xornalista de Praza Pública Marcos Pérez Pena, polo seu ensaio A prensa en Galicia na transición (Xerais), adaptación da súa tese doutoral.