Dende o ano 2009 o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea leva a cabo unha consulta na que participan centos de profesionais e axentes culturais de todo o Estado, dando lugar a unha serie de rankings e indicadores relativos á actividade cultural das diferentes comunidades autónomas e ciudades, escollendo ademais os eventos culturais máis destacados do ano e avaliando a evolución dos orzamentos das institucións e entidades do sector.
Galicia é o sexto territorio do Estado cunha mellor oferta cultural e, por cidades, A Coruña é a décima urbe, por diante de Santiago (15º), Vigo (26º) e Pontevedra (37º)
Esta semana coñecéronse os resultados correspondentes ao ano 2022, no que Galicia aparece como o sexto territorio do Estado cunha mellor oferta cultural (unha posición semellanre á que ocupa en función das súa poboación, quinta), ascendendo dous lugares dende o 2021. Por cidades, A Coruña é a décima urbe do Estado cunha mellor oferta cultural, subindo seis posicións dende o ano anterior. Santiago de Compostela aparece no posto 15º, Vigo no 26º e Pontevedra no 37º.
A consulta realiza unha clasificación dos eventos e entidades máis importantes do ano en cada comunidade e nesta ocasión o primeiro lugar en Galicia é ocupado polo Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo
En canto aos eventos e institucións culturais máis destacadas do Estado no ano 2022, non hai presenza galega ata o posto 79º, ocupado polos actos do Xacobeo e o 97º, onde está o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
A consulta realiza tamén unha clasificación dos eventos e entidades máis importantes do ano en cada comunidade e nesta ocasión o primeiro lugar en Galicia é ocupado polo Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, que no ano anterior ocupara a décima posición. O FIOT celebrou o pasado ano a súa 31ª edición, con preto de corenta representacións e plenamente consolidado.
A continuación aparecen o Festival Sinsal de San Simón e empatados nunha ampla terceira posición están o Festival de Cans, o WOS Festival, Cineuropa, Cidade da Cultura e CGAC
A continuación aparecen o Festival Sinsal de San Simón (Redondela) e empatados nunha ampla terceira posición están o Festival de Cans (O Porriño), o WOS Festival e Cineuropa (ambos en Santiago de Compostela) e as tamén compostelás Cidade da Cultura e CGAC. En lugares destacados vemos tamén o MARCO de Vigo, o compostelán Auditorio de Galicia e o festival de teatro e danza Escenas de Cambio, organizado igualmente na capital do país.
Na lista teñen un oco así mesmo o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o tamén coruñés (S8) Mostra de Cinema Periférico, a MIT. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, o Vello Cárcere de Lugo ou o festival PortAmérica, celebrado en Caldas de Reis.
O Festival de Cans, o Festival Agrocuir da Ulloa, o Festival Bal y Gay, o Festival de la Luz, o Festival dos Eidos e os eventos de Cultura no Camiño aparecen destacados como "o mellor da cultura no medio rural"
A consulta reserva un apartado para "o mellor da cultura no medio rural", un espazo no que aparecen destacados o Festival de Cans, o Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso), o Festival Bal y Gay (na Mariña), o Festival de la Luz (Boimorto), o Festival dos Eidos (Folgoso do Courel) e os eventos de Cultura no Camiño.
Finalmente, entre os "novos proxectos" xurdidos no pasado ano, o informe destaca en Galicia o ABANEA. Festival de Danza e Movemento, celebrado en Gondomar,