Este sábado día 15 terá lugar o acto de homenaxe ao Padre Silva -fundador da Nación Benposta e do Circo dos Muchachos-. O evento, que se celebrará en Benposta, reunirá a Luís Tosar, que actuará acompañado por Piti Sanz, e Tonhito de Poi, ex-vocalista de Heredeiros da Crus.
Na presentación, que tivo lugar en Compostela, Tosar destacou a importancia do Circo dos Muchachos e afirmou que “hoxe está claro a quen lle debemos o desenvolvemento desta arte escénica en Galicia e en España”. O actor avogou pola necesidade de apoiar non só o circo senón “todo o espírito do Pader Silva”, animando todo o mundo a participar e contribuír dalgunha forma a recuperar A Nación dos Muchachos.
Pola súa banda, Tonhito de Poi lembrou a importancia que tivo o Padre Silva na súa vida e como o marcou en todos os aspectos. Destacou o seu labor defendendo o proxecto Benposta, salientando o feito de que nunca quixo ter protagonismo persoal, algo que o “namorou” e que culminou co seu “bautismo como benpostano”. Lembrou ademais unha frase súa que lle serviu “sempre de inspiración”: “A utopía é a enerxía que se fai ao camiñar”.
Tonhito de Poi lembrou unha frase do Padr Silva que lle serviu de inspiración: “A utopía é a enerxía que se fai ao camiñar”
No acto de homenaxe ao Pai Silva estarán presentes como artistas invitados Anouk (Fufuai) e Chamito sound musis scaffold (Dj) e contarán coa actuación de Chimango Comando Rumbero. Tamén se prevé a celebración dun espectáculo circense que foi presentado polo presidente da Asociación Circo Nove, Manu Lago, que correrá a cargo desta agrupación en colaboración con outros profesionais do circo galego.