'Ons' e 'A Illa das Mentiras' encabezan as candidaturas aos Mestre Mateo, que celebrarán unha gala presencial

Os XIX premio Mestre Mateo entregaranse na Coruña o vindeiro 10 de abril © AGA

A Academia Galega do Audiovisual anunciou este mércores as candidaturas finalistas da XIX edición dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 10 de abril. As longametraxes Ons e A illa das mentiras suman o maior número de candidaturas, seguidas polas series El desorden que dejas e Néboa e os filmes Arima, 9 Fugas e Lúa vermella. Ons, A illa das mentiras, Arima e Lúa vermella competirán polo galardón á mellor longametraxe.

Os premios do audiovisual galego entregaranse o vindeiro 10 de abril na Coruña

Os nomeados e nomeadas foron anunciados por Marta Doviro e Amador Arias nun acto, celebrado no propio Teatro Colón, que tivera que ser adiado o pasado mes de febreiro por mor da situación sanitaria xerada pola pandemia.

Ons, a longametraxe dirixida por Alfonso Zarauza, sumou trece candidaturas finalistas, seguida por A illa das mentiras, dirixida por Paula Cons, con doce. As dúas competirán polas estatuíñas a mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, guión, interpretación protagonista e de reparto, dirección de produción, maquillaxe e perruquería e montaxe.

As candidaturas foron anunciadas por Marta Doviro e Amador Arias © AGA

Dúas series, El desorden que dejas e Néboa, son as seguintes produción en número de candidaturas

Dúas series, El desorden que dejas e Néboa, son as seguintes produción en número de candidaturas, 8 e 6. As dúas optarán ao premio á Mellor Serie de Televisión xunto con O Sabor das Margaridas finalista en tres categorías, e Auga Seca finalista en dúas. Ademais, outras tres longametraxes, suman tamén un gran número de candidaturas: Arima, a ópera prima de Jaione Camborda, con sete, Lúa Vermella, dirixida por Lois Patiño con catro e 9 Fugas de Fon Cortizo, tamén con catro. 

Nas restantes categorías, destaca o bo nivel na candidatura de documental, na que son finalistas A media voz, Dorothé na vila, Nación e Nación de muchachos: utopía o muerte. Na de curtametraxe de animación: Carne, Kleiner lügner, Night keeper e Reality. Ou na de curtametraxe de imaxe real: La penumbra, Mentres iso pasa, Non me espera ninguén e Xoves de comadres.

Gala presencial

Coa celebración dunha Gala presencial, a Academia quere "reivindicar a seguridade dos eventos culturais en tempos de pandemia"

A gala do 10 de abril será presencial e nela respectaranse todas as medidas de seguridade: redución de capacidade, distancia social, uso de máscaras e realización de PCR a todo o equipo técnico e artístico para evitar posibles contaxios. Será dirixida por Tito Asorey, actor e director teatral e presentada por Lucía Veiga, actriz e comunicadora, unha das presentadoras de Malicia Noticias, o noticiario de humor que emite TVG.

Outra das novidades deste ano será a emisión por streaming dun programa especial desde a alfombra vermella dos Mestre pola que desfilarán as e os finalistas da presente edición, así como o resto de convidados. Coa celebración dunha Gala presencial, a Academia quere "reivindicar a seguridade dos eventos culturais en tempos de pandemia"

Filmes nomeados na categoría de Mellor Longametraxe © AGA

Promoción do audiovisual galego

A gala de entrega será precedida por unha serie de actividades ao redor do audiovisual galego e, por exemplo, as producións finalistas da presente edición serán proxectadas en pantalla grande na Coruña, no marco da II Semana do Cinema Galego -organizada en colaboración co Concello herculino- para despois viaxar a outras localidades do país. 

A gala de entrega será precedida por unha serie de actividades ao redor do audiovisual galego

O anuncio deste mércores marca o inicio dun mes de promoción do talento audiovisual galego, levando a calquera dispositivo encontros cos que dar a coñecer as peculiaridades dos procesos e dos traballos que fan posible unha obra audiovisual. 

A actriz e presentadora María Mera será a anfitrioa de #Diarioderodaxe, catro coloquios cos equipos das obras finalistas nos XIX Mestre Mateo. As conversas poderán ser seguidas en directo polo público asistente ás proxeccións no Teatro Colón da Coruña e estarán dispoñibles por streaming a través das redes sociais da Academia.

Así mesmo, haberá encontros entre o alumnado de escolas e facultades  de audiovisual de Galicia e os profesionais dalgunhas categorías finalistas ou gañadoras. Así como noutros anos estes encontros eran presenciais, nesta ocasión realizaranse por streaming e contarán co apoio de Cafés Candelas. En total haberá 15 encontros que poderán seguirse a través das redes sociais da Academia entre o 17 de marzo e o 9 de abril e que darán a coñecer as peculiaridades dos diversos oficios (guión, produción, maquillaxe, son, interpretación…).

Listado de finalistas en cada categoría

 

MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO:

  • AQUÍ FACÉMOLO ASÍ (Congo Producciones Audiovisuales y gráficas, S.L.).
  • DESDE O MAR (Juan Galiñanes e Kaito Estudios).
  • O RURAL VIVE (Wecom, Marga Pazos e Lucas Terceiro).
  • VIVAMOS COMO GALEGOS (Congo Producciones Audiovisuales y gráficas, S.L.).

 

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN:

  • CARNE (Abano Producións, S.L.).
  • KLEINER LÜGNER (Pequeno Mentireiro) (David Saborido).
  • NIGHT KEEPER (Escuela de Imagen y Sonido de Vigo -EISV).
  • REALITY (David Fidalgo Omil).

 

MELLOR CURTAMETRAXE DE IMAXE REAL:

  • LA PENUMBRA (Eye Slice Pictures, Lorena Hidalgo Aguirre e Gaita filmes).
  • MENTRES ISO PASA (Nacho Ozores).
  • NON ME ESPERA NINGUÉN (Ensenada de Ézaro Films, S.A.).
  • XOVES DE COMADRES (Islandia Producciones).
     

MELLOR DOCUMENTAL:

  • A MEDIA VOZ (Matriuska Producciones, Perspective Films, PCT Producciones, Producciones de la 5ta avenida).
  • DOROTHÉ NA VILA (Alejandro Gándara, con coprodución da Deputación da Coruña).
  • NACIÓN (Nós, Productora Cinematográfica Galega, S.L. coa participación da Televisión de Galicia).
  • NACIÓN DE MUCHACHOS: UTOPÍA O MUERTE (Vizuals Lab coa participación da Televisión de Galicia).

 

MELLOR LONGAMETRAXE:

  • A ILLA DAS MENTIRAS (Agallas Films, S.L., Historias del Tío Luis, S.L., Aleph cine, Take 2000 coa participación da Televisión de Galicia).
  • ARIMA (Esnatu Zinema coa participación da Televisión de Galicia).
  • LÚA VERMELLA (Zeitun Films e Amanita Studio coa participación da Televisión de Galicia).
  • ONS (Maruxiña Film Company e Bando Á Parte coa participación da Televisión de Galicia).

 

MELLOR PROGRAMA TV:

  • CINEPHILIA (Capítulos 20-52) (Noveolas Producciones e Telemiño).
  • COS PÉS NA TERRA (Capítulos 109-121) (Filmax -Produccións A Fonsagrada, S.L.- para a Televisión de Galicia).
  • OS CASTROS (Capítulos 1-7) (Televisión de Galicia).
  • SEGREDOS, DESMONTANDO GALICIA (Capítulos 7-15) (MBC Servicios Audiovisuales para a Televisión de Galicia).

 

MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN:

  • AUGA SECA (CAP. 1-6) (Portocabo, Televisión de Galicia, Spi, RTP).
  • EL DESORDEN QUE DEJAS (CAP. 1-8) (Vaca Net TV SLU, Netflix Estudios Internacionales LLC).
  • NÉBOA (CAP. 1-8) (RTVE e Voz Audiovisual).
  • O SABOR DAS MARGARIDAS (Temporada 2) (CTV, S.A. e Comarex coa participación da Televisión de Galicia).

 

MELLOR SERIE WEB:

  • AMNESIA 3.0 (CAP. 1-3) (Carballo Interplay e Produtora Absurda).
  • DOC WAY: CAMIÑO PORTUGUÉS (CAP. 1-4) (Que+ver).
  • MATARÍA (CAP. 1-30) (Dinamo Producións e Javi Sega).
  • XAN (CAP. 1-3) (Lucía Estévez e Miguel Canalejo).
Anuncio das candidaturas aos Mestre Mateo © AGA

MELLOR VIDEOCLIP:

  • DARK SIENNA, Roger&Brian Eno (Juan Lesta).
  • ILLAS DE SAL, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Xabier Díaz Carro).
  • MUINHEIRA DE INTERIOR, Boyanka Kostova (Xaime Miranda).
  • WHO WILL SAVE ME?, Aparato (Aparato).

 

MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN:

  • ALBA MANCEBO (Os Castros, Caps. 1-7).
  • ROBERTO VILAR (Land Rober Tunai Show, Caps.183-211).
  • RODRIGO VÁZQUEZ (Quen anda aí?, Caps. 1-149).
  • SIMONE SAIBENE (Cinephilia, Caps. 20-52).

 

MELLOR DIRECCIÓN:

  • ALFONSO ZARAUZA (Ons).
  • FON CORTIZO (9 Fugas).
  • LOIS PATIÑO (Lúa Vermella).
  • PAULA CONS (A Illa das Mentiras).

 

MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE:

  • ALEXANDRA FERNÁNDEZ (Néboa -Capítulos 1-8).
  • ANTONIO PEREIRA (A Illa das Mentiras).
  • ELIA ROBLES (Ons).
  • MARÍA LOLO (Arima).

 

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:

  • ALBERTE BRANCO (AEC) (Ons).
  • JAVIER ÁLVAREZ (9 Fugas).
  • JOSÉ DAVID MONTERO e SUSO BELLO (AEC) (Néboa -Capítulos 1-8-).
  • LOIS PATIÑO (Lúa Vermella).

 

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCCIÓN:

  • CONCHA FONTENLA (O Sabor das margaridas -Temporada 2-).
  • LUCÍA BALEATO (A Illa das Mentiras).
  • NATI JUNCAL PORTAS (Lúa Vermella).
  • TAMARA SOTO (Ons).

 

MELLOR GUIÓN:

  • ALFONSO ZARAUZA e JAIONE CAMBORDA (Ons).
  • CARLOS MONTERO, JAVIER HOLGADO VICENTE e ANDRÉS SEARA (El desorden que dejas -Caps. 1-8).
  • JAIONE CAMBORDA (Arima).
  • PAULA CONS (A Illa das Mentiras).

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO:

  • ISABEL GARRIDO (El desorden que dejas -caps. 1-8).
  • LIDIA VEIGA (A lei de Santos -Caps. 1-7).
  • MARTA LADO (Ons).
  • VICTORIA TEIJEIRO (A Illa das Mentiras).

 

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA:

  • INMA CUESTA (El desorden que dejas -caps 1-8-).
  • ISABEL NAVEIRA (Néboa, Cap. 1-8).
  • MELANIA CRUZ (Ons).
  • NEREA BARROS (A Illa das Mentiras).

 

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO:

  • JOSITO PORTO (Arima).
  • MILO TABOADA (A Illa das Mentiras).
  • TAMAR NOVAS (El desorden que dejas, Cap. 1-8).
  • XÚLIO ABONJO (Ons).

 

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA:

  • ANTONIO DURÁN "MORRIS" (Ons).
  • DARÍO GRANDINETTI (A Illa das Mentiras).
  • MONTI CASTIÑEIRAS (A lei de Santos -Caps.1-7).
  • TITO ASOREY (Arima).

 

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA:

  • MARÍA ILLOBRE e LORENA CALVO (O sabor das margaridas -temporada 2).
  • RAQUEL FIDALGO e NOÉ MONTES (Néboa -Caps. 1-8-).
  • RAQUEL FIDALGO e PATRICIA VILELA (A Illa das Mentiras).
  • SUSANA VEIRA e BEATRIZ ANTELO (El desorden que dejas -Caps. 1-8).

 

MELLOR MONTAXE:

  • FERNANDO ALFONSÍN (Ons).
  • JUAN GALIÑANES, LU RODRÍGUEZ e MARIO MAROTO (El desorden que dejas -Caps. 1-8-).
  • JULIA JUANIZ (A Illa das Mentiras).
  • LUCÍA ESTÉVEZ (Dorothé na Vila).
     

MELLOR MÚSICA ORIXINAL:

  • ELBA FERNÁNDEZ e XAVI FONT (Auga Seca, Cap. 1-6).
  • MERCEDES PEÓN (Nación).
  • ORQUESTRA FUGAZ DE IMPROVISACIÓN (9 Fugas).
  • SERGIO MOURE DE OTEYZA (A galiña Turuleca).
     

MELLOR REALIZACIÓN:

  • JOSE VILLAVERDE (Land Rober Tunai Show, Caps. 183-211).
  • MARCOS ESTEBO, DIEGO GUERRERO e MÓNICA ARES (Cos pés na terra, Caps, 109-121).
  • MARTA ARÉVALO PITA (Quen anda aí?, Caps.1-149).
  • PABLO FONTENLA e SITO TORRES (A niña familia pola túa, Caps. 1-8).

 

MELLOR SON:

  • DAVID MACHADO e ALEJANDRO LÓPEZ (El desorden que dejas -Caps. 1-8-).
  • DAVID MACHADO, ELOY TÁBOAS e MARCO MARIL (9 Fugas).
  • DAVID MACHADO e JAVIER PATO (Arima).
  • SÉRGIO SILVA e DAVID MACHADO (Ons).
     

MELLOR VESTIARIO:

  • ALICIA DAPENA e LOLA DAPENA (Ons).
  • ARÁNZAZU DOMÍNGUEZ e YOLANDA PEÓN (Néboa, Caps.1-8).
  • EVA CAMINO (A Illa das Mentiras).
  • RENATA UZAL (Arima).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.