O ArteLixo é un certame artístico que dende os anos 90 do pasado século se celebra en Redondela e que se centra na creación de obras con materiais de refugallo. Este ano escolleu o "ecocidio" do proxecto de Altri como tema central e mesmo aproveitou para mudar temporalmente a denominación do evento
O ArteLixo é un certame artístico que dende os anos 90 do pasado século se celebra en Redondela e que se centra na creación de obras con materiais de refugallo. A iniciativa caracterízase por dous elementos, que definen a súa identidade: o seu carácter "marcadamente reivindicativo e ecoloxista" e a participación nela de centros de ensino da localidade. Cada ano, ademais, escolle un tema ao redor do que xiran as distintas obras presentadas e intervencións.
Este ano o certame escolleu o "ecocidio" do proxecto de Altri como temática central e mesmo aproveitou para mudar temporalmente a denominación do evento, que de ArteLixo pasou a ALTRILixo. “Non dubidamos en dedicar o ArteLixo á ameaza que supón ALTRI para o fráxil equilibrio ecolóxico en Galicia”, destacaba a organización días antes do seu inicio, engadindo que "non podemos permanecer impasibles".
O chamamento do ALTRILixo foi respondido pola participación de máis de cen obras procedentes de todo o país. A escolla de Altri como tema central incrementou ademais a participación de artistas procedentes da Ría de Arousa "que se senten directamente ameazados pola macrocelulosa".
Como todos os anos, os centros de ensino da contorna, ao redor dunha decena, foron convidados a participar. Porén, por primeira vez os colexios e institutos recibiron un email do servizo de Inspección Educativa, dependente da Consellaría de Educación, preguntando pola participación do centro
Como todos os anos, os centros de ensino da contorna, ao redor dunha decena, foron convidados a participar, de xeito que alumnos e alumnas de colexios e institutos presentaron as súas creacións realizadas con materiais de refugallo e lixo. Días antes do inicio do certame os centros de ensino recibiron un correo electrónico do servizo de Inspección Educativa, dependente da Consellaría de Educación, preguntando pola participación do centro en ArteLixo-ALTRILixo. Era a primeira vez que isto sucedía.
A organización do festival acusou á Consellaría de "abuso de poder" e de tentar "amedrentar o profesorado" con esta comunicación. Fran Álvarez, un dos organizadores de ArteLixo, explica que o obxectivo de ArteLixo sempre é "promover a reflexión" e unha "mirada ecoloxista sobre as cousas", o que "en ocasións pode ser polémico", recoñece.
Álvarez acusa á Xefatura Territorial da Consellaría de Educación de querer "infundir medo" no profesorado e destaca que este profesorado "non se deixou amedrentar", unha actitude "que nos enche de confianza na calidade da educación pública”, sinala.
A organización do festival acusou á Consellaría de "abuso de poder" e de tentar "amedrentar o profesorado" con esta comunicación. Celebra que este profesorado "non se deixou amedrentar", unha actitude "que nos enche de confianza na calidade da educación pública”
Pola súa banda Federación de Anpas de Redondela esixiu á Dirección Territorial de Educación a retirada do escrito, lembrando que o evento leva varias décadas en marcha coa participación da comunidade educativa e que esta é a primeira vez que se cuestiona esta participación. As Anpas, que defenden que se trata dun certame "artístico" e non "político", centrado na defensa da natureza, consideran "totalmente desproporcionado e inadmisible" o envío desta comunicación que "pode interpretarse como unha forma de amedrentamento ou presión, que condiciona futuras participacións en actividades culturais e creativas de carácter educativo”.
De igual xeito, sindicatos con representación entre o profesorado cualificaron de "coacción" e de "ameaza encuberta" a comunicación dirixida aos centros. O Concello de Redondela sumouse ás críticas e esixiu á Consellería de Educación “o cese deste tipo de presións impropias dun sistema democrático”.

As Anpas din que a comunicación "pode interpretarse como unha forma de amedrentamento ou presión, que condiciona futuras participacións en actividades culturais e creativas de carácter educativo”
A Consellaría de Educación, a preguntas de Praza.gal, xustificou o envío deste escrito aos colexios e institutos participantes na "modificación", este ano, do nome da actividade que -sinala- "foi advertido á Inspección Educativa, un servizo de carácter técnico, por parte da dirección dun centro desconforme co sucedido". "A Inspección Educativa, dentro da súa actividade ordinaria, fixo as comprobacións oportunas e verificou o dito polo centro, sen que iso derivase en ningunha outra actuación", afirma a Consellaría.
Sindicatos con representación entre o profesorado cualificaron de "coacción" e de "ameaza encuberta" a comunicación dirixida aos centros
AltriLIXO celebrouse finalmente con normalidade entre o 4 e o 12 abril, enchendo as rúas e prazas de Redondela de obras de arte creadas con elementos desbotados. “Outro ano máis, ALTRILixo amosa que as cousas poden facerse de outro xeito, en común, e coa achega libre e desinteresada de moitas persoas co único interese de construír un certame ecoloxista, solidario, colaborativo, con consciencia e con vontade de compartir”, en palabras da organización.
Educación xustificou o envío do escrito na "modificación" do nome da actividade que -sinala- "foi advertido á Inspección Educativa por parte da dirección dun centro desconforme co sucedido"
O festival incluíu a exposición de Eduardo Nuñez, alcumado Willow,"mariñeiro de profesión e lixeiro de corazón", un moañés de adopción que trata de potenciar a segunda vida das cousas centrado en materias industriais.“É un artista que descubrimos gracias o rastreo que facemos. Tivemos a sorte de atoparnos con él e accedeu a expor para o ALTRILixo. Agora a súa excelente cualidade artística sae á luz”, destaca a organización.
AltriLIXO celebrouse finalmente con normalidade entre o 4 e o 12 abril, enchendo as rúas e prazas de Redondela de obras de arte creadas con elementos desbotados
Ademais, a Alameda de Castelao acolleu a feira ALTRI NON, que incluíu un faladoiro sobre ALTRI conducido por Ana Freiria, voceira de Ecoloxistas en Acción. Tamén se celebraron os tradicionais ObraLixo -un evento que promove a reciclaxe de materiais e que busca darlle unha nova oportunidade aos refugallos- e SonaLixo, un palco aberto onde se producen "novas complicidades entre artistas, sobre todos locais, que enchen o escenario con propostas musicais, de danza ou de híbridas dun xeito máis ou menos espontáneo".