Cultura
Aldeias de preguiceiros
Carlos C. Varela
A chegada d'A derradeira leición do mestre' pon o foco no valor do patrimonio da emigración
A emblemática obra de Castelao viaxará a Galicia para unha exposición sobre o autor rianxeiro tras o acordo ao que chegou a Xunta co Centro Galicia de Bos Aires, en cuxa sede se garda unha obra símbolo da galeguidade, a democracia e o sufrimento do país ante a represión fascista
"Queremos manter vivo o legado do Zeca Afonso, porque ten unha relación moi grande con nós"
Vén de nacer a Associaçom José Afonso - Galiza, que se presentará o 27 de xaneiro en Compostela cunha palesta e un concerto, no que participarán unha decena de bandas e artistas. Falamos co presidente da entidade, Xulio Villaverde
Patrimonio, ese detalle
Juan Carlos Piñeiro
"É impensable que o meu fillo poida ir ao cárcere por escribir unhas cancións"
ENTREVISTA | O pasado mes de decembro, os 12 integrantes do colectivo de hip-hop La Insurgencia, cinco deles de Vigo, foron condenados a 2 anos e un día de prisión por algunhas das súas letras, que a Audiencia Nacional considera "enaltecemento do terrorismo". Falamos con Elena Dafonte, nai dun dos rapaces, Saúl Zaitsev, de pouco máis de 20 anos
“O maior descubrimento de arte rupestre das últimas dúas décadas en Galicia”, revelado polos incendios
VÍDEO | O lume deixou á vista en Taboexa (As Neves) petróglifos que avalarían “un novo paradigma” no que o cabalo e non o cervo se consolida como o animal máis representado do sur de Galicia e o norte de Portugal
María Victoria Moreno "contribuíu a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno"
A Real Academia Galega inicia a conmemoración do Ano das Letras dedicado á autora coa publicación na súa web de contidos especiais dedicados a ela. Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey asinan a súa biografía, que fixa o seu ano de nacemento en 1939.
Camilo Díaz Baliño. O novo camiñar dos celtas da Brigantia
Iria-Friné Rivera Vázquez debulla neste artigo o Tríptico dos homes de Brigantia pintado polo artista a comezos dos anos 20 do pasado século. "Representa o momento no que chegan as montañas do Cebreiro e son recibidos polo Druída", explica
Un 'mapa do patrimonio' recolle os 550 hórreos de Valga... e moito máis
A Asociación Cultural Os Penoucos de Valga vén de presentar a súa nova web, que inclúe un mapa colaborativo que xeolocaliza case 800 elementos patrimoniais existentes no concello, entre os que destaca a inxente cantidade de celeiros aéreos.
"Para ser libre tes que ter ferramentas para conseguilo"
ENTREVISTA Contraproducións volve ollar na obra Nacidas Libres a verdade do mundo do traballo, neste caso na figura dunhas monxas recluídas nun convento. Conversamos coas actrices Mónica Camaño, Susana Dans, Casilda Alfaro e Rocío González
Santa Maria da Feira, Capital da Cultura 2018 do Eixo Atlántico a hora e media de Tui
PROGRAMA DESCARGABLE | O evento bianual inclúe actuacións musicais, teatro, exposicións ou seminarios