O Consello da Cultura lembra á Xunta que protexer o legado do Centro Gallego é "obriga legal"
Lembra que a protección do patrimonio cultural da entidade da emigración en Bos Aires debe ser "análoga á que tería de estar en Galicia" e que salvagardalo "non é mero 'desideratum" senón mandato legal e cumprir con "quen fixo de Galicia unha realidade que transcende as súas fronteiras"