Cultura
'Afouteza', palabra galega do ano 2017
O termo impúxose con claridade na votación realizada polo Portal das Palabras, na que participaron 6.228 persoas, superando a independencia e sapoconcho. Nas anteriores edicións desta iniciativa as escollidas foron corrupción (2014), refuxiado/a (2015) e irmandade (2016).
O Apalpador percorre Galicia ata fin de ano
A personaxe do Nadal galego recuperada na última década inclúese xa como unha tradición máis en moreas de concellos. Obras teatrais, libros, cancións e actividades escolares impulsan esta figura do carboeiro que baixa das montañas o día 24 ou 31 para darlles castañas aos máis pequenos.
A nosa lareira espiritual en Bos Aires
Manuel Suárez Suárez
Dous anos despois do peche de Escoitar.org chega o 'Mapa sonoro de Galicia' do CCG
A ferramenta presentada polo Consello da Cultura Galega conta con máis de 500 gravacións, clasificadas e xeolocalizadas, e està especializada en coleccións de recollida antropolóxica, etnográfica, lingüística ou de sons da natureza, ambiente ou de actividade humana.
Anna Turbau: "Cando cheguei, Galicia era unha batalla permanente. Non era, para nada, un pobo pasivo"
O catálogo Anna Turbau. Galicia 1975-1979 analiza o traballo da fotógrafa catalá no noso país e a súa relevancia para retratar o protagonismo das mulleres na mobilización social e política da Transición.
Caballero acelera cunha exposición prefabricada a fin do MARCO como centro de arte contemporánea
A mostra sobre Xulio Verne, producida pola Fundación Telefónica, será o primeiro contido do ano 2018 dun museo que segue sen director/a e sen un proceso aberto para a súa elección. Artistas e colectivos cultuais reiteran a importancia de que Vigo non deixe morrer o seu espazo de vangarda.
Media ducia de libros para anotar na carta dos Reis magos
Non esquezan que os mellores agasallos son os que podemos compartir cos que máis queremos, e que mellor poñer algún libro debaixo da árbore entre os agasallos para os máis pequenos entre os pequenos
A Academia celebra o 110º aniversario da estrea do Himno na Habana
Un acto literario e musical conmemora na sede da RAG ponlle o ramo ao ano do centenario do pasamento de Eduardo Pondal. O historiador Ramón Villares e o musicólogo Fernando López-Acuña afondan na importancia da emigración na creación deste símbolo e no seu proceso de creación
De 'eucaliptización' a 'sapoconcho'. Cal é a palabra galega do ano?
O Portal das Palabras das RAG vén de abrir a votación, na que se pode escoller entre oito opcións: afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero. Pódese votar ata o 25 de decembro. Irmandade, refuxiado/a e corrupción foron as escollidas nos tres últimos anos
Catro obras de arte visual galega para agasallar no Nadal
A carreira por escoller agasallos de Nadal entra na súa recta final. Velaquí catro suxestións de arte galega para evitar sucumbirmos atrapados no rebumbio do compradores de última hora no centro comercial e rematar cun presente insulso.
A memoria histórica e a denuncia da desigualdade eríxense en protagonistas do IV Festival de Cine Rural Carlos Velo
A denuncia do fascismo pasado e actual paira sobre os filmes finalistas do certame, celebrado no marco do encontro Cultrural: Compostela, capital da cultura rural.