Cultura
"Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades"
Cecilia F. Santomé sorpréndenos con Boundaries Road (Xerais, 2026), a novela coa que gañou o XLIV Premio Blanco-Amor, e coa que volve transitar as crises de identidade, a soidade e a gran tea de araña que conforman as nosas relacións persoais neste século.
Silvio Rodríguez canta en galego por primeira vez e faino por Begoña Caamaño
O cantautor cubano e Uxía unen as súas voces en 'O teu nome é bandeira', unha canción da artista galega en homenaxe á autora homenaxeada nas Letras Galegas, coa que Rodríguez mantivo amizade. "Nun tempo no que Cuba continúa precisando da solidariedade internacional, en tempos tan escuros, esta colaboración é tamén unha ponte de afectos entre os nosos pobos", destaca Uxía.
Todas as fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, en acceso libre e na rede
A Hispanic Society of America (HSA) vén de facer públicas por primeira vez as máis de cinco mil fotografías que Anderson tirou nos dezaoito meses que pasou en Galicia, moitas delas inéditas.
500 mulleres na arte para facelas visibles a todas na Rede Museística de Lugo
Os retratos da artista e investigadora Concha Mayordomo abren a porta ás biografías de medio milleiro de artistas, teóricas, mecenas e xestoras nunha aposta por "corrixir o nesgo de xénero das belas artes" que se suma ao apoio dos museos provinciais lucenses á creación feminina. O Pazo de San Marcos, o Museo Provincial, San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo do Mar acollen ata o 30 de outubro un proxecto que a Rede Museística ofrece tamén aos centros educativos da provincia no seu programa de actividades didácticas
FICBUEU: dúas semanas de experimentación, descuberta e reflexión ao redor da curtametraxe
A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu converte a localidade pontevedresa entre o 4 e o 19 de setembro nun punto de encontro arredor do audiovisual en formato curto. A programación combina as seccións Oficial, Descubertas e GZ_00, as Escolas de Cinema Galegas e Internacionais, unha retrospectiva dedicada á ciencia ficción, as Xornadas Cinematográficas e diferentes propostas paralelas que amplían a actividade do festival máis alá das proxeccións
"Anoche conquisté Tebas' propón un tipo de masculinidade bastante diferente á que se adoita representar na ficción"
Grabriel Azorín escribe e dirixe a película 'Anoche conquisté Tebas', rodada integramente nas termas romanas de Bande, na que as 'máxicas' augas logran que rapaces de diferentes épocas compartan o mesmo espazo e o impulso de abrirse e mostrar os seus medos. Pode verse en salas de cine de Lugo, Ferrol e Santiago de Compostela.
O Chanfaina volve a San Sadurniño coas escolas da emigración como protagonistas
A localidade acolle esta fin de semana a undécima edición da iniciativa de creación e encontro arredor do audiovisual. Máis de vinte cineastas e colectivos gravarán entre o venres e o domingo candansúa curtametraxe, que se poderán ver nuns meses. As escolas da emigración da parroquia de Ferreira están presentes a través do cartel do evento e tamén dunha exposición.
Sempre en Galicia de Montevideo cumpre 76 anos
Manuel Suárez Suárez
Por que Galicia necesita unha escola de maxia de seu?
Álvaro Domínguez
O Festival da Poesía no Condado reivindica a cultura como ferramenta de expresión, memoria e transformación
Poesía, música, regueifa, teatro, cinema, pensamento crítico e cultura popular conviven na 38ª edición do Festival da Poesía no Condado, que transforma Salvaterra de Miño os días 4 e 5 de setembro nun gran palco transfronteirizo, dada a súa forte dimensión galego-portuguesa
- Entrevista | Tempo Exterior (2000) O papel resiste
- Cultura
"Tempo Exterior ten un valor cultural e intelectual incalculable, merece a protección das institucións"
Nas fins de semana de agosto, momento para ler devagar, entrevistamos responsables de revistas en papel editadas en Galicia. Porque en Praza.gal sempre nos gustou dicir que hai máis medios.