Xacarandaina cruza o Atlántico para levar a tradición de Galicia ao 'mundial' do folclore
O grupo de música e baile tradicional coruñés inicia este mes a súa primeira xira transatlántica que o levará a participar no Campionato Mundial Brasil 2026 da Federación de Festivais Internacionais de Danza, onde en cada xornada intentará "condensar en oito minutos diferentes expresións do patrimonio tradicional galego".