500 mulleres na arte para facelas visibles a todas na Rede Museística de Lugo
Os retratos da artista e investigadora Concha Mayordomo abren a porta ás biografías de medio milleiro de artistas, teóricas, mecenas e xestoras nunha aposta por "corrixir o nesgo de xénero das belas artes" que se suma ao apoio dos museos provinciais lucenses á creación feminina. O Pazo de San Marcos, o Museo Provincial, San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo do Mar acollen ata o 30 de outubro un proxecto que a Rede Museística ofrece tamén aos centros educativos da provincia no seu programa de actividades didácticas