- Entrevista | Fran Ferreiro Chao-Abella
- Cultura
"Hai unha imaxe de Galicia que é unha construción culta e cultural, fixémola para sacar cartos dos turistas"
Hai unha Galicia que non aparece nas campañas turísticas, tampouco na maior parte da literatura. Unha Galicia que non é bonita, que non é moderna nin cosmopolita, pero que tampouco é o rural idílico que ás veces se conta. Unha Galicia real pero nunca reivindicada nin elevada a símbolo do país. Fran Ferreiro Chao-Abella si que o fai nos seus artigos de Táboa Redonda, suplemento cultural de El Progreso e, agora, nun libro: Un John Deere envorcado na cuneta (Morgante).