- Entrevista | Fernando Fernández Rego
- Cultura
"Hai que poñer en valor a cultura popular: Andrés do Barro, Ana Kiro, Pucho Boedo... É a que máis chega á xente"
Fernando Fernández Rego publica Andrés do Barro. A xénese do pop en galego (Galaxia), unha obra na que percorre a carreira musical do cantautor ferrolán que acadou catro números un en todo o Estado cantando en galego, un fito nunca repetido e para o que reclama un maior recoñecemento: "Andrés foi o primeiro que fixo pop en galego e foi o primeiro fenómeno fan da cultura galega e en galego"