Aumenta a poboación lectora, pero diminúen os e as lectoras habituais. Así, a poboación que le todas as semanas descendeu entre o 2022 e o 2025 do 38,2% ao 32,2%; a que leu algún libro no último mes cae do 49,3% ao 43,8%. E o mesmo pasa coa que leu algún libro no trimestre anterior: do 55,5% ao 53,7%
Cada vez lemos máis. Ou menos. Ou depende: uns máis e outros menos. Dende hai anos as estatísticas dispoñibles sobre a cuestión -as máis importantes son a Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais que elabora o Ministerio de Cultura e o Barómetro de Compra de Libros e Hábitos de Lectura do Gremio de Editores- amosan un incremento da poboación lectora, especialmente entre a poboación de maior idade.
En Galicia a poboación que leu algún libro no último ano pasou do 57,6% en 2015 ao 64% o pasado ano, segundo os datos máis recentes da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais que coñecemos hai uns meses. e que agora o Observatorio da Cultura Galega do CCG vén de analizar polo miúdo.
Os datos, moi semellantes á media do Estado (64,9% de persoas que leron cando menos un libro no ano anterior), agochan con todo un pero. Por unha banda, un certo estancamento dos datos (a porcentaxe apenas pavriou entre o 2019: 63%, 2022: 63,9% e 2025: 64%) e, sobre todo, un punto de inflexión na tendencia positiva noutros indicadores.
Aínda que diminúe o número de lectores e lectoras habituais, aumenta de forma importante a media de libros que, de media, len estas persoas. Así, a media de libros lidos por trimestre pasa de 5,1 en 2022 a 7,7 en 2025, unha suba moi notable que ademais sitúa a Galicia por por riba dos datos do conxunto do Estado (6,5)
Ata a edición anterior do estudo, correspondente ao bienio 2021-22, sempre viña medrando a porcentaxe de galegos e galegas que lían todas as semanas, todos os meses ou que cando menos leran algún libro no trimestre anterior. No estudo correspondente aos anos 2024-25 estes tres indicadores baixan por primeira vez, algún deles de maneira importante.
Pódese dicir, polo tanto, que aumenta a poboación lectora, pero diminúen os e as lectoras habituais. Así, a poboación que le todas as semanas descendeu entre o 2022 e o 2025 do 38,2% ao 32,2%; a que leu algún libro no último mes cae do 49,3% ao 43,8%. E o mesmo pasa coa que leu algún libro no trimestre anterior: do 55,5% ao 53,7%.
Aínda que se reduce a porcentaxe de persoas que nunca le un libro (13,8%, mínimo da serie), comeza a caer tamén o peso dos e das lectoras frecuentes. É unha caída leve, pero podería estar a amosar un cambio de tendencia nun indicador que nas últimas dúas décadas sempre fora en aumento.
Os indicadores do estudo apuntan a que dende o 2022 descendeu sobre todo a porcentaxe de poboación que le libros "non relacionados coa profesión ou estudos", mentres que os datos da poboación que le libros "relacionados coa profesión ou estudos" se mantiveron máis estables.
En todo caso, a enquisa do Ministerio de Cultura achega un dato moi interesante e que serve de contraste a estoutros indicadores negativos. Aínda que diminúe o número de lectores e lectoras habituais, aumenta de forma importante a media de libros que, de media, len estas persoas. Así, a media de libros lidos por trimestre pasa de 5,1 en 2022 a 7,7 en 2025, unha suba moi notable que ademais sitúa a Galicia por por riba dos datos do conxunto do Estado (6,5), que tamén medran.
Ademais, mentres que a media de libros lidos cada trimestre "por profesión ou estudos" baixa de 4,4 a 4, os libros lidos "por outros motivos" (enténdese que fundamentalmente por ocio) case se duplica: de 3,6 a 6,7. Polo tanto, menos lectores, pero mellores lectores.
Outro dos cambios sociais detectados neste estudo ten que ver cos libros que existen nos fogares, pois por dende o ano 2019 se vén detectando un descenso, despois de anos de aumento, nunha tendencia que pode ter máis que ver coa dixitalización de contidos que coa perda de hábito lector
Outro dos cambios sociais detectados neste estudo ten que ver cos libros que existen nos fogares, pois por dende o ano 2019 se vén detectando un descenso, despois de anos de aumento, nunha tendencia que pode ter máis que ver coa dixitalización de contidos que coa perda de hábito lector. Os fogares galegos acumulan unha media de 200 libros nas casas, por debaixo do dato de 2022 e de 2019, cando se chegou a un máximo na serie (239)
A caída na media prodúcese tanto polo descenso do número de fogares que posúen moitos libros (os fogares con 100 libros ou máis caen do 35% ao 29%) coma polo aumento das familias que teñen un número de libros moi reducido (no 37% dos fogares galegos hai 25 libros ou menos).
Melloran as actitudes ante o libro galego, pois a porcentaxe de persoas que ante a pregunta de "se puidese elixir, en que idioma preferiría ler?" medra dende o 3,1% ao 11,2%
E que pasa coa lingua galega? En que medida a poboación le en galego ou adquire libros en galego? Neste caso temos que recorrer aos datos máis recentes do Barómetro de Compra de Libros e Hábitos de Lectura, correspondente ao 2025 e publicado hai uns meses polo Gremio de Editores de España. Este estudo vén amosando indicadores moi alarmantes para o libro en galego. No ano 2023, por exemplo, sinalaba que unicamente o 3% das e dos lectores galegos preferían ler na lingua propia do país.
Porén, as respostas que teñen que ver coa práctica real amosan datos máis preocupantes. Ante a pregunta de "o último libro que leu, en que idioma estaba escrito?", tan só o 5% escolle o galego
Os datos de 2025 son algo mellores, pero igualmente negativos e preocupantes. Semella que melloran as actitudes ante o libro galego, pois a porcentaxe de persoas que ante a pregunta de "se puidese elixir, en que idioma preferiría ler?" medra dende o 3,1% ao 11,2%, unha suba moi notable que en todo caso fica moi lonxe do 84,6% de persoas que afirman preferir ler en castelán.
Os datos son semellantes ante a pregunta de "o último libro que mercou, en que idioma estaba escrito?", cun 8,1% de persoas que mercaron un libro en galego
Porén, as respostas que non teñen que ver con actitudes e preferencias lingüísticas, senón coa práctica real amosan datos máis preocupantes para o galego. Ante a pregunta de "o último libro que leu, en que idioma estaba escrito?", tan só o 5% escolle o galego, por debaixo dos datos de 2022 (5,5%) e 2018 (7,8%).
Os datos son semellantes ante a pregunta de "o último libro que mercou, en que idioma estaba escrito?", cun 8,1% de persoas que mercaron un libro en galego. Neste caso a porcentaxe aumenta un chisco dende os datos de 2023 (7,3%) e 2022 (4,5%).
Preguntadas as persoas sobre por que leron ese último libro en castelán, a resposta máis repetida segue sendo, como en anos anteriores, que o libro non está editado en galego (37%)
Preguntadas as persoas sobre por que leron ese último libro en castelán e non en galego, a resposta máis repetida segue sendo, como en anos anteriores, que o libro non está editado en galego (37%), á que se pode sumar outra porcentaxe do 11% de persoas que afirman que a edición en galego non é doada de atopar.
Outro grupo de respostas apuntan máis ben ás propias dificultades para ler en galego, con case un 35%. Noutro 23% dos casos as persoas sinalan que non teñen preferencia ou que o libro non o escolleron elas.