Nace a primeira editorial dedicada a publicar manga en galego
O selo Yisus debuta este 11 de xuño con Algún Día Volverémonos Ver, da chinesa Smalltung, e enmarcada no xénero yuri, centrado en relacións románticas entre personaxes femininas.
O selo Yisus debuta este 11 de xuño con Algún Día Volverémonos Ver, da chinesa Smalltung, e enmarcada no xénero yuri, centrado en relacións románticas entre personaxes femininas.
Merino, unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea polos seus cruces entre literatura, oralidade, escena e performance, será o protagonista da segunda edición desta iniciativa, que busca apoiar os novos creadores coa estadía dun mes na Residencia Literaria 1863 da Coruña e unha achega de tres mil euros.
En Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes, Alba Rodríguez Saavedra afonda nas causas da invisibilización sufrida pola autora e pregúntase se esta exclusión foi debida á "subversión" que a súa achega introduce na historiografía canónica, elevando a importancia de mulleres e autoras e poñendo en cuestión o monopolio masculino, tanto no mundo do traballo coma no campo intelectual.
Pontevedra acolleu a gala de entrega dos XIII Premios Martín Códax da Música, con 15 galardóns a artistas e proxectos por categrorías, un a artista emerxente e tres a salas, festivais e iniciativas de comunicación. Los Suaves recolleron tamén o seu recoñecemento honorífico nunha noite na que a directiva de Músicas ao Vivo subliñou "a necesidade de recoñecer o papel central das músicas e músicos dentro da cultura e da industria do país".
A catedrática de Literatura Galega, que substitúe no cargo a Rosario Álvarez, foi elixida nunha sesión plenaria de carácter extraordinario na que a súa era a única candidatura. É a sétima persoa que ocupa o cargo, tras Ramón Piñeiro, Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares, Alfonso Zulueta de Haz, Ramón Villares e Rosario Álvarez.
Hai dúas semanas dous torques e o brazalete de ouro, de posible orixe castrexa e procedentes dunha colección particular galega, foron vendidos nunha poxa realizada pola casa Ansorena por un total de 210.000 euros
“Isto non se pode comparar con nada”. Deste xeito resumiu Julio Médem a singularidade do Festival de Cans. Fixoo no multitudinario coloquio que protagonizou no Torreiro e que congregou a máis de 400 persoas. Foron cinco días intensos de cinema, música, coloquios e actividades paralelas, nunha edición cargada de emocións na que o público respondeu de forma masiva mesmoa pesar das treboadas
'A boca do río', Xerais de Novela, trasládanos á Galicia da posguerra e á burguesía que "non se conforma co poder político e económico e tamén quere ser dona da terra, da auga e da memoria". 'A banda da albóndega', Premio Merlín, propón á rapazada unha "combinación dos libros clásicos de misterio e aventuras cunha mirada fonda e agarimosa á memoria, á amizade e ao poder das historias". 'A lingua dos grifóns', Premio Jules Verne, achega a mocidade a unha "aventura épica que dá un paso máis na fantasía xuvenil galega"
O Festival Arteficial de Ribadavia, o Surfing the Lerez de Pontevedra e o Festival Alternativo Millo Verde de Redondela, finalistas na edición 2026 dos Premios Martín Códax, afástanse notablemente do concepto de macrofestival que se impuxo nos últimos anos. Autoxestionados, con formatos pequenos, comodidade para o público e prezos populares: a formula para competir coas grandes citas
Lois Pérez publica Hoxe toca Leiva? (Xerais), unha novela fresca, con moita música e que ule a verán. Que navega entre o lixeiro e o profundo, entre o presente e as mobilizacións políticas da Transición. Falamos con el sobre o libro e tamén -como voceiro da plataforma Transfuguismo non, Democracia si- sobre a mobilización cidadá contra a moción de censura en Lugo.