Cultura
Todo o patrimonio galego, agora no teu móbil
Patrimoniogalego vén de presentar a súa nova app para dispositivos móbiles "pensada para consultar e interpretar o territorio directamente desde o móbil". O trebello dá acceso a máis de 620.000 bens culturais: as 14 mil fichas do seu propio catálogo, os preto de medio millón de microtopónimos do proxecto Galicia Nomeada e os 75 mil bens do Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia.
'Ven e baila' no Culturgal: as Tanxugueiras ensinan como facelo seguindo pegadas no chan
O proxecto coordinado polo bailador Artur Puga, “unha chamada colectiva a disfrutar e reivindicar o baile tradicional galego”, presenta nesta edición As Pegadas do Baile, un proxecto pioneiro que busca ensinarlle á xente os pasos básicos do baile galego e que conta coas Tanxugueiras como embaixadoras
Os Premios da Industria Musical de Galicia entregaron os seus primeiros galardóns
Ademais dos 14 premios escollidos por un xurado profesional, houbo dous premios elixidos pola Xunta Directiva de AGEM, para o artista do ano (Carlos Ares) e a persoa do ano no mundo da música (Francisco Gómez ‘Gandy’). Finalmente, escolleuse por votación popular o evento que destacou pola súa excelencia na experiencia do público (Surfing the Lérez).
Directorio de Artistas Globais: unha aposta pola creación das mulleres migrantes en Galicia
O Culturgal acolle este venres a presentación desta iniciativa, froito do traballo de varias investigadores das tres universidades galegas, que recolle 32 proxectos de creadoras nos ámbitos das artes escénicas, música, danza, teatro e propostas multidisciplinares.
Os paxariños de Bibopalula volven voar nos teatros polo Nadal
Tras o éxito da súa primeira xira, o espectáculo musical infantil producido por Ainé fai parada no Culturgal e, nas vindeiras semanas, en Vilagarcía, A Coruña e Vigo. Lidia Veiga vólvese meter na pel de Ava, a observadora de paxaros que guía as nenas e nenos polas aventuras da Banda do Bosque ao son de doce cancións orixinais
Unha semana para coñecer o patrimonio invisible de Santiago: da Colexiata do Sar a unha visita sorpresa
Do 1 ao 5 de decembro celébrase a sétima edición da Semana do Patrimonio Invisible, que permite visitar en grupos reducidos sete espazos que normalmente están pechados ao público: o Pazo Arcebispal, as Escavacións da Catedral, o Auditorio de Galicia, a Compañía de María, a Casa da Parra, a Colexiata do Sar e un que aínda non foi desvelado.
O TSXG rexeita que o "galego lusista" deba ser atendido pola Xunta porque a norma legal é a da RAG
Ante un recurso da Fundación Guerra da Cal o tribunal di que o "conflito ortográfico" é "plenamente lexítimo" pero "debe resolverse noutro escenario" xa que a xustiza só aplica a lei e a de Normalización Lingüística atribúe á RAG o "criterio de autoridade"
O Consello da Cultura ve "risco irreversible" para o Patrimonio se a Xunta cede o seu control aos concellos
O órgano oficial de defensa da cultura galega alerta de que a reforma legal que impulsa o PP liberaliza a xestión do patrimonio deixándoo en mans das administracións "máis expostas" ás presións urbanísticas
"Hai artistas que se repiten en todos os festivais e o resto da escena queda desatendida"
Ferror Records celebra o seu décimo aniversario convertido no selo de referencia do undergound galego, con 160 discos publicados e un cento de concertos organizados. A periferia da periferia reclama o seu espazo e denuncia unha política cultural centrada en eventos de gran formato "inflados con cartos públicos" e que deixan á maior parte do sector musical galego á marxe.
La 2 Gal, a pública estatal e a discriminación das linguas oficiais
Manuel Barreiro Rozados
Meio século sen escribir un libro sobranceiro
L. C. Carballal