The Rapants, Baiuca, Ortiga... O EmigraSon volve cun cartel de luxo para conquistar Bruxelas
O venres 27 e o sábado 28 Bruxelas volverá falar en galego, cun cartel no que destaca a presenza, de novo, de The Rapants, ademais de Baiuca, Ortiga e Sabela. Ademais, o día anterior La Tricoterie acollerá outra xornada de música con Paloma Paloma, Fer e 9Louro, ademais dunha foliada con ACG A Roda e Irmandade Galega na Suíza e os picadiscos da Duendeneta.