E aos 27 anos... Truffaut resucitou
Os cinéfilos francófilos quedamos orfos coa súa perda, máis aos 27 anos... resucitou. Un amour de jeunesse, de Mia Hansen-Løve, é como unha entrega da saga Doinel, mais con sensibilidade feminina. Ningunha outra realizadora en case tres décadas lograra embriagarnos tanto a un bo feixe de seguidores fieis. Cumpridos hai nada os 30 anos, e con tres cintas na súa filmografía, Hansen- Løve é xa toda unha referencia nos circuítos festivaleiros.