Publícase A tribo toda baila, un disco dobre cunha escolma de vinte cancións dos Resentidos e as correspondentes versións de bandas galegas actuais (de The Homens a Ruxe-Ruxe, pasando por Emilio José ou El Puto Coke) que conmemora 30 anos de música feliz da banda liderada por Antón Reixa. Un anticipo do concerto de homenaxe que o sábado 12 de maio terá lugar en Ourense, con tres dos cinco resentidos orixinais e a participación de Budiño, Bieito Romero, Uxía, Xurxo Souto, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi ou Xosé Manuel Pereiro.