A MITEU pecha a súa XVII edición con 'Un novo mundo feliz'
Este sábado remata a XVII edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense que durante 16 días trouxo á cidade das Burgas artistas e compañías de teatro e danza tanto universitarios como profesionais procedentes de 11 países. Dúas funcións e un concerto porán o broche despois da correspondente entrega de premios no Teatro Principal.