Voltar

Cultura

  • O Vigo de Paz-Andrade centrou os actos oficiais do 17M

    Concello, RAG e Xunta homenaxearon o empresario, poeta e políticos, nuns actos aos que asistiu numeroso público e nos que interviron Xavier Vence, Manuel Rivas, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro ou Xesús Alonso Montero, ademais de Méndez Ferrín, Abel Caballero, Alfonso Paz-Andrade ou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

  • O día das Letras celébrase nas rúas... e na rede

    A Real Academia Galega, a Coordinadora de Equipos de Normalización, a CRTVG, Cultura Galega, a Fundación Barrié ou dous proxectos en GalegoLab presentan propostas ou contidos especiais ao redor do 17 de maio. Destaca, principalmente, o Caderno realizado pola RAG, en colaboración coa AELG, a AGE e outras entidades e que compila 50 cartaces e 50 textos dedicados ao medio cento de autoras homenaxeadas e realizados por outros tantos deseñadores e escritores de todas as xeracións.

  • Paz-Andrade ensaísta: os soños dun ilustrado

    En obras como Galicia como tarea (“o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista”, segundo Ferrín) ou La marginación de Galicia, o autor realiza unha análise da situación económica de Galicia e un programa sistemático de industrialización. O propio Beiras asegurou que “o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país”

     

  • "A lingua é adictiva"

    A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego "despois non pode parar", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas.

  • O canto épico de Paz-Andrade aos galegos como pobo nómade

    Luís Seoane e Valentín Paz-Andrade compartían unha mesma arela de afrontar o tema da emigración desde unha perspectiva épica. Seoane escolleu cantar á loita dos heroes con nome e apelidos. E Paz-Andrade optou polos seres anónimos esquecidos, por un protagonista colectivo que é un pobo cuxa identidade se forxou, en boa medida, na súa historia nómade.

  • “O regreso de Manuel Guede tiña que ser máis humilde, non foi afortunado que emporcallase o concurso público do CDG”

    O intérprete Antonio Durán Morris recibirá o premio Pedigree 2012 da IX edición do Festival de Cans, que se celebrará entre o 23 e o 26 de maio. O actor, que vén de recibir o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina por Doentes, recoñece a súa satisfacción polo galardón dun festival, Cans, que viu “medrar dende os comezos”. Praza aproveita a ocasión para falar co actor do sector audiovisual, das artes escénicas, do CDG, de Vidal Bolaño e, como non, da omnipresente crise.

  • Facer teatro en Paquistán

    A situación política e social actual de Paquistán é preocupante, e iso tamén se reflexa na súa produción cultural. Mentres unha rica cultura popular esmorece, outras formas de expresión contemporáneas non de masas quedan confinadas a unha minoría que vive nas grandes cidades.

  • A mensaxe disidente de Zeca reavívase en Compostela 40 anos despois

    Case un milleiro de persoas encheron este xoves o Auditorio de Galicia nun emocionante concerto que lembrou a José Afonso e actualizou os seus temas. Coma o propio Zeca dixo hai anos homenaxe que lle ofreceran en Braga: “Importa manter a capacidade de indignación, e sermos capaces de rexeitar a hipocrisía dos detentores do poder”