Música, humor e gastronomía. Que máis se pode pedir?
A segunda edición dos seráns do Taller Atlántico Contemporáneo na Cidade da Cultura comeza este domingo, cun concerto dirixido por Diego García Rodríguez, con obras de Varèse, Kagel, Schnitke e Daugherty. Todo será introducido por un monólogo de Carlos Blanco, e ao remate o restaurante Abastos 2.0 de Compostela ofrecerá unha degustación. Os seráns continuarán até decembro.