Foron cinco días intensos de cinema, música, coloquios e actividades paralelas, nunha edición cargada de emocións na que o público respondeu de forma masiva mesmoa pesar das treboadas
“Isto non se pode comparar con nada”. Deste xeito resumiu Julio Médem a singularidade do Festival de Cans. Fixoo no multitudinario coloquio que protagonizou no Torreiro e que congregou a máis de 400 persoas. Alí o director avanzou publicamente o desenvolvemento do seu novo proxecto cinematográfico, Jai Alai. Foi un dos moitos momentos destacados dun certame polo que pasaron máis de 12.000 persoas que desafiaron a chuvia intermitente que marcou a fin de semana nesta aldea do Porriño.
Foron cinco días intensos de cinema, música, coloquios e actividades paralelas, nunha edición cargada de emocións na que o público respondeu de forma masiva e esgotou practicamente todas as actividades programadas, mesmoa pesar das treboadas.
Xa o venres pola tarde, a proxección de 360 curvas esgotara entradas deixando numeroso público fóra, nunha xornada marcada tamén polo coloquio con Jaione Camborda e pola Gala Final de Premios, onde Federico Pérez arrincou numerosas gargalladas como presentador.
A curtametraxe Cara de cona, de Guillermo de Oliveira, foi a gañadora do Premio do Público
A curtametraxe Cara de cona, de Guillermo de Oliveira, foi a gañadora do Premio do Público, completando así o cadro de recoñecementos dunha edición na que María Rita, de Juan Barbazán, foi a gran triunfadora da Gala Final con tres premios, Mellor Curtametraxe de Ficción, Mellor Fotografía e Premio do Xurado das Veciñas e Veciños; mentres que outras obras como O corpo de Cristo, de Bea Lema ou Escala un cincuenta mil, de Angel Suanzes, tamén recibiron algúns dos principais galardóns do festival.
Xerou unha enorme expectación o encontro arredor de Siniestro Total, no que máis de 40 persoas quedaron sen poder acceder ao completar aforo, coa presenza de Julián Hernández
Tamén xerou unha enorme expectación o encontro arredor de Siniestro Total, no que máis de 40 persoas quedaron sen poder acceder ao completar aforo, coa presenza de Julián Hernández. Entre os momentos máis inesperados destacou a aparición sorpresa de Víctor Coyote entrando en chimpín no Invernadoiro acompañado por un grupo de picadores de pedra interpretando unha canción tradicional de canteiros do norte de Portugal, nunha das escenas máis singulares desta edición.
Destacou a aparición sorpresa de Víctor Coyote entrando en chimpín no Invernadoiro acompañado por un grupo de picadores de pedra interpretando unha canción tradicional de canteiros do norte de Portugal
A música volveu ser un dos grandes piares do Festival. O Espazo Estrella Galicia da Leira do Río e o Torreiro rexistraron algunhas das maiores concentracións de asistentes do sábado, con actuacións multitudinarias de Arizona Baby, De Ninghures e o agardado regreso de The Homens. Estes dous últimos concertos deixaron ademais sorpresas para o público, coa aparición de Nuno Pico, de Grande Amore, xunto a The Homens, e de Mondra nun dos momentos máis celebrados do concerto de De Ninghures.
A partir deste luns 25 as curtas das Novas Camadas pódense ver a través de VINTE
A partir deste luns 25 as curtas das Novas Camadas pódense ver a través de VINTE. Estrearemos cada día unha obra ás 12:00 h. (de luns a venres), que estará dispoñible durante 24 horas para a súa libre visualización. As proxeccións en VINTE acabarán o luns, 8 de xuño, coa curta gañadora desta edición. En VINTE podes ler un resumo de cada traballo.
A primeira é El Columpio, curta que supón o debut, como directora e montadora, da pontevedresa Silvia Martín, interesada fundamentalmente na creación de pezas de carácter ensaístico.
O festival consolídase ademais como ponte entre creadoras, creadores e industria audiovisual
Outro dos episodios máis comentados foi a rodaxe en directo dunha secuencia do filme Juliette et Camille, coa participación de Mounqup e da directora Paloma Zapata, convertendo o festival nun espazo vivo de creación audiovisual diante do público.
O festival consolídase ademais como ponte entre creadoras, creadores e industria audiovisual. Máis de 100 profesionais de Galicia e Portugal participaron na presentación do novo Hub Audiovisual impulsado pola Zona Franca de Vigo, reforzando o papel do festival como punto de conexión entre creadoras, creadores, produtoras e novos proxectos.