Música e versos para redescubrir a Celso Emilio
Xerais lanza O meu primeiro Celso Emilio, un libro disco dirixido ao público infantil e xuvenil pero con vocación de divulgación da figura do poeta de Celanova entre todas as idades
Xerais lanza O meu primeiro Celso Emilio, un libro disco dirixido ao público infantil e xuvenil pero con vocación de divulgación da figura do poeta de Celanova entre todas as idades
A editorial Small Station Press, nunha coedición coa Xunta de Galicia, publicará a tradución baixo o título Galician Songs. “É a primeira vez que se publica en inglés un libro completo de poesía de Rosalía de Castro”, asegura o editor Jonathan Dunne.
Un documental aborda a Memoria Histórica desde o innovador punto de vista de sete rapaces, que investigan sobre o sufrimento dos represaliados. O filme finánciase a través do crowdfunding e recibe tamén o apoio desinteresado da cidadanía.
As asociacións de Actores (AAAG), Directores (CREA), Guionistas (AGAG) e Técnicos (ATEGA) emiten un comunicado no que censuran a suba do IVE aos produtos culturais.
A organización da feira das industrias culturais avanza na organización da súa edición deste ano e encoméndalle de novo a dous libreiros pontevedreses a xestión da tenda do recinto
Lucía Romaní analiza a xestión da arte pública en Galicia e afirma que "se nos detemos nas pezas que proliferan actualmente nas prazas, parques, paseos ou rotondas sen unha planificación nin orde clara, veremos a máis demagóxica cara da arte pública"
O festival Revenidas volve encher de música a ría de Arousa os vindeiros días 20 e 21, combinando de novo gastronomía e música e, desta volta, cun ollo posto no Sáhara
As circunstancias económicas, o modelo de axudas teatrais e a gran proliferación de compañías provocan a desaparición dunha compañía consolidada, que fora fundada en 2001. “É imposible aguantar. E se aguantas, aguantas de mal xeito. Prefiro pechar, con moita pena, pero prefiro pechar”, recoñece o propio Ernesto Chao.
Madoz documentou en 1847 a existencia de varias torres no lugar de Torre dos Mouros. O innovador traballo arqueolóxico que se desenvolve en Lira continuará esta fin de semana. O sábado celébrase nova barferencia, en Carnota, centrada nos petroglifos da zona.
Media ducia de colectivos presentan unha denuncia na Dirección Xeral de Patrimonio alertando de que a competición, que se celebrou no Bosque de Cadro, puido afectar negativamente o xacemento, catalogado como Ben de Interese Cultural.
A iniciativa busca localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na vila da foz do Miño. Na súa canle de youtube xa se poden ver unha trintena de gravacións realizadas dende os anos vinte até a actualidade.
Non era Murguía un home sen contradicións. Pésimo estudante, peor administrador dos seus propios recursos económicos, ser irascible e mesiánico... Mais o seu non deixa de ser “o caso máis asombroso de fidelidade a un país”, segundo di Xosé Ramón Barreiro Fernández na súa obra Murguía, que acaba de publicar Galaxia.