Cultura
O Códice Calixtino, unha xoia agochada nun garaxe
O volume do século XII, de incalculable valor, é atopado nun rocho do Milladoiro tras a detención dun electricista e da súa familia como presuntos responsables da súa desaparición da Catedral de Santiago, hai un ano.
"Non son proletaria da música, nin unha guerreira, nin unha funcionaria. Quizás a súa discípula"
Ugia Pedreira vén de pechar con Marful a Xira Surreal, na que levaron a súa música por unha ducia de espazos singulares de Galicia. Tamén vén de regresar do outro lado do Atlántico, de presentar en São Paulo con Fred Martins o seu disco conxunto Acrobata
A minha língua: Uma pedrinha de açucar
Adela Figueroa
'Carmina o revienta' estrearase á vez en salas e na rede este xoves
O filme de Paco León poderase ver o mesmo día da súa estrea nos cinemas a través de Filmin e outras plataformas por 1'95 euros. O director denuncia boicot por parte das distribuidoras.
O Estado elimina as axudas á tradución de libros entre linguas cooficiais
O Ministerio de Cultura ratifica a supresión das subvencións á edición de obras literarias traducidas entre os catro idiomas oficiais. Si mantén os subsidios para "linguas estranxeiras", aínda que cun recorte de máis do 60%
A candidatura de Ourense como capital europea da cultura en 2020 colle forza
A iniciativa parte da Asociación proCentenario Nós 2020, que busca conmemorar os cen anos da Xeración Nós e da propia revista, que comezou a publicarse en 1920.
Artur Trillo: “Non somos optimistas sobre o futuro da Mostra de Teatro de Cee”
O evento celebrará en agosto a súa 25ª edición. A efeméride chegará cargada de incerteza de cara ao futuro, xa que podería ser a última vez que se leve a cabo. Talía Teatro medita poñer punto e final a súa organización.
“Contigo, Agustín, somos nación”
Vigo acolleu este sábado a Homenaxe Nacional a Fernández Paz, organizada por Prolingua. O acto converteuse nunha celebración do compromiso do escritor coa lingua, coa literatura, a educación e a nación.
A realidade bilingüe do Bierzo
“No Bierzo fálase galego”, con esta frase reciben a calquera visitante que pregunte nesta comarca leonesa, situada xeograficamente a carón de Galicia e que administrativamente pertence a Castela e León.
Moonrise Kingdom: cinema infantil con miolos
A falta de vitaminas de autor na carteleira desta semana queda compensada pola vitalidade dunha proposta aínda nas salas: Moonrise Kingdom. O novo de Wes Anderson segue a voltas co universo infantil inaugurado por Fantástico Mr. Fox, marabillosa película de animación en stop-motion
"Despois do franquismo, cumpría unha liberación corporal, e iso foi a movida"
O 12 de xullo estréase en Vigo Galicia Canibal, o musical sobre a movida galega, que durante o verán estará tamén en Santiago, Vilagarcía e A Coruña, antes de viaxar a Madrid. Un texto de Fran Peleteiro e Antela Cid posto en escena por Quico Cadaval, con quen falamos. Audio no interior.