Alfonso Pato: "Agadic está en mans de robots, e é moi difícil dialogar con robots"
O director do Festival de Cans confirma a presentación dun recurso contra a decisión de deixar sen axudas da Xunta ao evento, que podería perder o 25% do seu orzamento, compensado polos apoios privados, que se incrementaron nos últimos días en resposta ao sucedido. "O festival será doutra forma, pero será", di.