A décimo sétima edición do Festival de Cans debería terse celebrado entre o 19 e o 23 de maio. A pandemia de coronavirus obrigou a aprazar a cita e xa a final de marzo fixáronse unhas novas datas (do 2 ao 5 de setembro), aínda que se mantiña a incerteza sobre a súa organización, dependendo da evolución da enfermidade. A mellora xeral da situación semella que permitirá finalmente a súa celebración, pero será cunhas especiais medidas de seguridade para previr posibles contaxios. O Festival de Cans da nova normalidade.
Evitaranse todos os jalpóns onde vivan persoas maiores e reducirase a súa capacidade a menos da metade. As persoas de máis idade non estarán nos xurados e tampouco conducirán os chimpíns
A estrutura habitual de proxecións de cine, coloquios e encontros con cineastas non variará, pero estableceranse algunhas medidas de distancia social para garantir a seguridade e a hixiene. Entre outras precaucións, para as distintas sesións de proxección evitaranse todos os jalpóns onde vivan persoas maiores e reducirase a súa capacidade a menos da metade, pasando de ao redor de 110 a unhas 50 persoas como máximo. O mesmo público asistiría ás proxecións a concurso sen moverse da mesma sala e cunha pausa intermedia, na que se aplicarían medidas de hixiene e ventilación do espazo, ao que accederían con mascarilla.
Ademais, está previsto prescindir das actuacións musicais nocturnas no Torreiro e substituílas por actuacións de tarde, nas que o público estaría sentado e se concentrará nun único espazo con aforo limitado (unhas 300 persoas), situado na zona do Parque do Río. A hora de peche das actividades estaría previsto para antes da medianoite, hora na que se desaloxarían todos os espazos. O obxectivo, destaca a organización, é "poder realizar o festival de xeito moito máis reducido, pero sen perder a esencia e os sinais identificativos que fixeron de Cans un festival único e singular".
Prescindirase das actuacións musicais nocturnas no Torreiro, substituídas por actuacións de tarde, nas que o público estará sentado nun único espazo con aforo limitado
Ademais, as persoas de máis idade tampouco formarán parte do xurado das veciñas e veciños. E, igualmente, non se programarán actuacións colectivas, como a que tradicionalmente reúne ás Pandereteiras de Cans. Este “escudo protector” sobre os maiores tamén se activará no caso dos condutores de chimpíns de maior idade, que este ano non participarán por precaución. A previsión sería facer só pequenas procesións honoríficas dos chimpíns, totalmente controladas, cun máximo de catro persoas en cada un.
Dada a redución de espazo e aforos, só sairán á venda 200 entradas para as proxeccións a concurso en sesión matinal e outras 200 entradas en sesión de tarde do sábado 5 de setembro, buscando en todo momento un certame onde o público se poida controlar ordenadamente, e mesmo onde habería un tope de desprazamento de persoas a Cans, limitado a través do acceso nos autobuses habituais desde o centro de O Porriño.
Só sairán á venda 200 entradas para as proxeccións a concurso en sesión matinal e outras 200 entradas en sesión de tarde do sábado 5 de setembro
O Festival leva traballado neste plan nos últimos meses, desde que se anunciara o aprazamento do festival, a finais do mes de marzo. Neste tempo, a organización mantivo un diálogo continuado con veciñas e veciños que colaboran co certame, patrocinadores e institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello do Porriño, así como consultas con equipos xurídicos e recolleu a opinión de expertos en diversos protocolos e medidas sanitarias, para realizar un plan que puidese "fomentar a seguridade para a realización do certame con este novo formato".