Volve Ponte nas ondas!

Cartaz da edición 2012 © Ponte nas Ondas

Os contidos desta nova edición, centrada desta volta no conto popular galego-portugués, poderanse seguir en vídeo a partir das dez da mañá deste venres, 1 de xuño. Participaron centros de ensino de Galicia e Portugal, mais tamén de Cuba, Chile, Colombia ou Brasil. Na emisión participarán contacontos coma Candido Pazó, Lisete Ferreira, Anxo Moure, Tim Bowley, Avelino González, Clara Haddad, Paula Carballeira, Hassane Kouyaté, José Craveiro, Celso Sanmartín, Thomas Bakk ou Carlos Blanco.

O conto popular será o fío condutor da programación achegada polos centros educativos, que amosarán diversas actividades realizadas polo alumnado

O conto popular será o fío condutor da programación achegada polos centros educativos, que amosarán diversas actividades realizadas polo alumnado:  recollas de contos a portadores, experiencias de relatos de portadores nas aulas, dramatización de contos, creación de banda deseñada a partir de contos, e narrativas dixitais.

Así mesmo, intervirán especialistas no conto tradicional de transmisión oral como a profesora da Universidade de Vigo Camiño Noia ou o profesor da Universidade de Trás Os Montes Alexandre Parafita ou o investigador e escritor Antonio Reigosa, intervirán na programación para dar a coñecer cal é a importancia que teñen os contos populares.

Ponte...nas ondas! emitirá nesta edición a X Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa Contamos no mundo que se realizou o pasado 25 de maio no Verbum de Vigo e na que participou alumnado de centros educativos galegos e portugueses, narradores orais e investigadores de Galícia, Portugal e Brasil. Tamén se emitirá unha reportaxe das XII Jornadas Internacionais do conto da Universidade do Minho en Braga na que participaron narradores orais de todo o mundo.

A emisión a través de Internet estará a cargo de UVIGO-TV da Universidade de Vigo. A programación comezará ás dez da mañá (hora galega) e poderá ser visionada en formato de vídeo e audio á carta. De 10 a 13 horas desenvolverase unha sección interactiva cos alumnos e alumnas dos distintos centros de ensino.

 

Máis de quince anos nas ondas

Ponte...Nas Ondas! é unha experiencia educativa que se realiza dende o ano 1995 grazas á cooperación entre centros de ensino de primaria e secundaria de Galicia e do norte de Portugal. Iniciouse coa emisión de 12 horas de programación radiofónica e a partir do ano 2003 acadou as 24 horas de emisión con programas producidos por máis de 50 centros educativos, incorporando máis adiante as emisións de vídeo e audio a través da rede

Cartaz da edición 2012 © Ponte nas Ondas
Imaxe dunha das edicións anteriores © Ponte nas Ondas

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.