Youtubeiras 2022 recoñece a canle de Toxío e a Neeumatiko como mellores do ano

Gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022 © Premios Youtubeiras
Publicidade
Publicidade

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este sábado a gala de entrega de galardóns, na que o Premio do Público quedou en mans do vídeo Bembibre coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña para fomentar a creación en Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, entregou este sábado nunha gala no Pazo da Cultura de Carballo os seus premios de 2022. En total repartíronse 7.500 euros nun certame no que se presentaron 75 canles e foron seleccionadas un total de 22 propostas finalistas aspirantes ás seguintes 8 categorías de premios:

Canle: Toxío

O xurado destacou a súa “alta calidade comunicativa, técnica e estética, así como a continuidade e periodicidade dos contidos cun dominio emocional e ético”

Publicidade
Publicidade

Youtubeira/o: neeumatiko

No ditame do xurado celébrase o seu carácter de "referente do youtube en galego" e a súa alta "capacidade comunicativa e lingüística".

Publicidade
Publicidade

Youtubeira/o revelación: Histérikas Histórikas

"Por unha forma fresca de presentar contidos, cunha alta repercusión, cun formato innovador no Youtube galego", subliñou o xurado.

Publicidade
Publicidade

Vídeo: 'Eduardita'

O vídeo de Piratas sen parche foi salientado pola calidade técnica, a creatividade e "a súa orixinalidade á hora de transmitir a mensaxe"

Publicidade
Publicidade

Calidade lingüística: Falemos do reino de Galicia

Canle premiada pola súa "capacidade para manter os trazos dialectais nun rexistro culto e normativo". O xurado tamén salientou a forma de usar a lingua, "natural e sen complexos".

Publicidade
Publicidade

Pioneiro: Pingando-Laura Veiga

O xurado pon en valor o seu xeito de "introducir unha nova temática na rede galega dunha forma innovadora e atractiva", demostrando unha vez máis que "a lingua non ten cancelas".

Publicidade
Publicidade

Rede: A Lobeira Today

"Pola súa constancia para fortalecer a comunidade virtual galega, por crear e manter vínculos e asociacións", explicou o xurado no seu ditame.

Publicidade
Publicidade

Público: 'Bembibre coas Tanxugueiras'

De Xabi Gómez, foi o vídeo máis votado polo público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.