Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, deron a coñecer os finalistas para ás súas oito categorías. Os galardóns entregaranse o vindeiro sábado, 28 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo, que acollerá a gala Youtubeiras, presentada pola actriz e narradora oral Cristina Collazo e coa música de Laura Lamontagne & PicoAmperio.
Os galardóns entregaranse o sábado 28 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo, que acollerá a gala presentada pola actriz e narradora oral Cristina Collazo e coa música de Laura Lamontagne & PicoAmperio
Os finalistas do Premio Youtubeira/o do ano son Anxo Sánchez, neeumatiko e La Bisonte. Na categoría de Canle, as finalistas son Toxío, Tonio Cociña Galega e Fica coa bola.
O galardón de Youtubeira/o Revelación disputarase entre Marcos Borrageros, Histérikas Histórikas e Falemos do Reino de Galicia, mentres que o premio ao mellor Vídeo decidirase entre A Moura, de Contos de Santalla, Bury your gays (Enterra os teus homosexuais) - Investigación documental, de Henfunk Studio, e Eduardita, de Piratas sen parche.
Os finalistas do Premio Youtubeira/o do ano son Anxo Sánchez, neeumatiko e La Bisonte. Na categoría de Canle, as finalistas son Toxío, Tonio Cociña Galega e Fica coa bola
O galardón á Calidade Lingüística conta como finalistas con Falemos do Reino de Galicia, Webserie Cóntallo a Cambados e Media Laranxa, mentres que o Premio Pioneiro decidirase entre Noticias Dispersas, Gallifrey Ceive e Pingando-Laura Veiga. O Premio Rede, destinado a aquelas canles coa capacidade de tecer comunidade, disputarase entre Proxecto R.E.D.E.S, A Lobeira today e Exército Mekemeke.
Por último, as persoas finalistas ao Premio do Público son BEMBIBRE coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez; Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño, da canle Orgullo Galego, e Eduardita, de Piratas sen parche. Precisamente o vídeo Eduardita, de Piratas sen parche, aspira a facerse con dous galardóns (Premio do Público e Vídeo), igual que Falemos do Reino de Galicia (Youtubeira/o Revelación e Calidade Lingüística).
A organización e o xurado sinalan "o alto nivel técnico que se rexistrou, así como a diversidade temática, o amplo rango de idades das persoas participantes e o potencial para se converteren en referentes da rede galega"
A organización de Youtubeiras destaca a ampla concorrencia acadada neste 2022. Presentáronse a concurso 74 canles e 45 delas non se inscribiran con anterioridade aos premios e gran parte son de recente creación. A cifra deste ano duplica a acadada en 2021, cando se postularon 38 canles. A organización e o xurado sinalan ademais "o alto nivel técnico que se rexistrou, así como a diversidade temática, o amplo rango de idades das persoas participantes e o potencial para se converteren en referentes da rede galega". "Ano a ano, a comunidade creadora de contidos no Youtube no noso idioma medra en todos os sentidos, fornécese de novas voces que abordan todo tipo de materias e continúa a innovar con novos formatos", engaden.
"Ano a ano, a comunidade creadora de contidos no Youtube no noso idioma medra en todos os sentidos, fornécese de novas voces que abordan todo tipo de materias e continúa a innovar con novos formatos", engaden
O xurado desta sexta edición dos Premios Youtubeiras está conformado por Mario Brión (Olaxonmario), gañador do Premio ao Youtubeira/o do ano na edición anterior; Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións; Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina Galega en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o seu cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018.
Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, excepto no Premio do Público. Este galardón concédese por votación popular a través de medios dixitais
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Os Premios Youtubeiras repartirán este ano 7.500 euros. Cada un dos galardóns conta cunha dotación económica de 1.000 euros, agás o Premio do Público, cuxa contía ascende a 500 euros. Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, excepto no Premio do Público. Este galardón concédese por votación popular a través de medios dixitais e o xurado limitarase a dar fe do reconto.