Unha ducia de bandas e artistas do mellor Revenidas da historia
Do 7 ao 11 de setembro Vilaxoán de Arousa acolle unha nova edición do Revenidas, que este ano ofrece cinco días de concertos e outras actividades, cinco xornadas con ducias de nomes no seu cartel, un dos máis completos da historia do festival. Velaquí apenas unha ducia deles.
-
01
Boyanka Kostova - A Quincena do Apóstol
O Revenidas comeza o mércores cunha "gran festa" protagonizada polos Boyanka Kostova (Saibran Yiyi e Chicho do Funk), que estarán acompañados por Pili Pampín, Grande Amore, Dios Ke Te Crew e Mundo Prestigio.
-
02
Grande Amore - Vémonos no baño
Grande Amore, ademais, actuará o venres 9 no escenario principal, ademais de levar a cabo un dos "concertos a bordo", o sábado 10, no xeiteiro Chasula, que percorre a Ría de Arousa
-
03
La Pegatina + Los Auténticos Decadentes - Yo quiero bailar
O xoves 8 os protagonistas serán os cataláns La Pegatina, que encabezan unha lista de sete formacións que actúan nesta segunda xornada do festival
-
04
Boikot - Bella Ciao
O xoves destaca tamén a proposta de Boikot, chegados dende Madrid, con 35 anos xa de experiencia sobre o escenario.
-
05
Lendakaris Muertos - Veteranos de la kale borroka
Falando de experiencia e de bandas míticas, aí están os Lendakaris Muertos, dende Iruña, que o venres 9 farán soar algúns dos seus clásicos, como "Veteranos de la kale borroka"
-
06
SFDK - Un Pobre Con Dinero
Compartirán protagonismo co hip hop de SFDK (Zatu e Acción Sánchez), chegados dende Sevilla
-
07
Tanxugueiras - Fame de Odio
O sábado 10 a música galega domina nun cartel encabezado polas Tanxugueiras
-
08
Baiuca - Embruxo
E tamén por Baiuca, dous dos grandes triunfadores deste verán, levando a música tradicional galega a unha nova dimensión.
-
09
Dakidarria - Pobo de artistas
Tamén o sábado 10, os Dakidarria, chegados do Val Miñor, levarán os seus maiores éxitos ao escenario na xornada máis importante do festival
-
10
Sés - Tempestades de sal
A derradeira xornada do Revenidas, a do domingo 11 de setembro, inclúe a celebración de varios concertos, a tradicional sardiñada popular, actuacións teatrais e a gala de circo, e todo con entrada de balde. Na parte musical unha das grandes protagonistas e Sés
-
11
Ortiga & Pili Pampín - Eu Chorar Chorei
O outro protagonista é Ortiga, que hai uns meses realizou esta colaboración coa gran Pili Pampín, que actuará o mércores
-
12
Xabier Díaz - Levantarse e caer
Dentro dos "concertos a bordo", un dos artistas que aparece na programación é Xabier Díaz, que tamén será un dos protagonistas do Revenidas "estendido", unha serie de tres concertos que nos vindeiros días levarán o espírito do festival a vilas e cidades situadas máis alá do eixo atlántico.
O Baiuca, que se celebrará en Ribadeo o venres 2 de setembro. O de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre terá Celanova por escenario o sábado 17 de setembro. O ciclo pecharase coa actuación de Treixadura en Lugo o domingo 23 de outubro.