Unha ducia de cancións dos proxectos finalistas na oitava edición dos Premios Martín Códax da música galega
O vindeiro mércores, 27 de outubro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a entrega dos Premios Martín Códax da música galega, que chegan á súa oitava edición. 51 proxectos optan aos galardóns nas súas 17 categorías, das que repasamos aquí unha manchea de cancións e vídeos musicais.
-
01
A Banda da Loba: Intempériome
A Banda da Loba é un dos tres finalistas na categoría de Pop/Indie, xunto con Belém Tajes e Espiño
-
02
Moon Cresta: Are You on Their Side?
Moon Cresta é finalista na categoría de Rock, xunto con Loiros e Soulwilde
-
03
Wöyza feat. Nach: Cómo sería
Wöyza é unha das tres candidatas a levar o premio de Músicas Urbanas, xunto con Ilmarto e Marcos de la Fuente
-
04
Cora Novoa: Sun
Na categoría de Electrónica as finalistas son Cora Novoa, Allova e Xackal
-
05
MJ Pérez: A luz prendida
Na categoría de Canción de Autor/a as e os finalistas son MJ Pérez, Gustavo Almeida e Tomás Porteiro
-
06
Carapaus: Dame Lume Sara
Carapaus é un dos tres proxectos finalistas na categoría de Música tradicional, xunto con Xurxo Fernandes & Pedro Lamas e Pelepau
-
07
Fiandola: Ermida
Fiandola é finalista de categoría de Folk, xunto con Caamaño & Ameixeiras e Joel Padín
-
08
Lamas / De Miguel / Romero (Azougue): Danza
O trío formado por Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero é un dos tres candidatos na categoría de Músicas do Mundo, xunto con Enclave e DOUS.
-
09
Brais Morán: As cores do mato
Na categoría de Blues, funk e soul os finalistas son Brais Morán, Narci Rodríguez dA Trío e Enxeito
-
10
Nuada: Avante
Nuada é un dos tres proxectos finalistas na categoría de Metal, xunto con Doen e N.E.O
-
11
The Skarnivals: Do Revés
Na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe os tres proxectos finalistas son Bush Doctors Band, Chow y La Diligente Reggae Band e The Skarnivals
-
12
Chuches Amil: Este robot é unha máquina
Na categoría de Música Infantil os proxectos finalistas son Chuches Amil, Concerto Punkinfantil (Brais das Hortas e Peter Punk) e Radio Bulebule (Paco Nogueiras)
-
13
Bafana Bafana: Opening Son Goku
Finalmente, na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena os tres candidatos son Orquestra La Ocaband, Los Camachuelos e Bafana Bafana