Unha ducia de curtas premiadas nos últimos anos en Cans que podes ver na rede
A pasada fin de semana completouse a XIX edición do Festival de Cans, que no seu regreso ás súas datas habituais na primavera reuniu a máis de dez mil persoas. Durante os últimos días VINTE comezou a amosar as curtametraxes que este ano participaron na sección Novas Camadas, que reúne traballos saídos dos centros de Audiovisual e Belas Artes de Galicia. Na rede poden verse outras pezas premiadas nos últimos anos. Velaquí algunhas delas.
-
01
Limbo, de Dani Viqueira
Na edición 2019, Limbo, de Dani Viqueira, obtivo o premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción
-
02
Soy una tumba, de Khris Cembe
Nesa mesma edición 2019 (a última antes da pandemia), Soy una tumba, de Khris Cembe fíxose co premio do xurado á mellor curtametraxe de animación.
-
03
El reloj, de Borja Santomé
No ano 2018 o premio do xurado á mellor curtametraxe de animación foi para El reloj, de Borja Santomé (Vigo, 1992), graduado do ano 2016 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, de onde nos últimos anos saíron un gran número de creadores e creadoras, como lembraba esta reportaxe de VINTE.
-
04
La mujer invisible, de Noemí Chantada
Nese ano 2018, 15ª edición do Festival de Cans, Noemí Chantada obtivo unha mención especial do xurado por La mujer invisible. Hai dous anos entrevistámola co gallo da estrea da súa curta Xoves de Comadres
-
05
AAVA, de Andrea Zapata-Girau
No 2017 AAVA, de Andrea Zapata-Girau, obtivo o premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real, ademais do premio á mellor dirección.
-
06
Decorado, de Alberto Vázquez
Na edición de 2017 Decorado, de Alberto Vázquez, foi galardoado co premio á mellor curta de animación.
-
07
Einstein-Rosen, de Olga Osorio
Nese ano 2017 Einstein-Rosen, de Olga Osorio, levou o premio do público á mellor curtametraxe e mais o premio ao mellor guión, entregado pola AGAG
-
08
Volant, de Raquel Pérez
Volant, de Raquel Pérez, gañou nese 2017 o premio do xurado dos veciños á mellor curtametraxe
-
09
Lurna, de Nani Matos
No 2016 Lurna, de Nani Matos, obtivo o premio do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, ademais de levar galardóns á mellor interpretación e á mellor banda sonora.
-
10
Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez
Nese ano 2016 Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez, foi a escollida polo xurado como mellor curtametraxe de imaxe real e tamén co premio do público.
-
11
Deber, de Ángel Manzano
Na edición 2015 Deber, de Ángel Manzano, gañou o premio do público á mellor curtametraxe de imaxe real
-
12
Jamón, de Iria López
Na edición 2014 fíxose co premio do xurado á mellor curtametraxe de animación