Unha ducia de finalistas da novena edición de Youtubeiras+
O vindeiro venres 7 de febreiro o Teatro Jofre de Ferrol acolle gala de entrega da novena edición dos premios Youtubeiras+, o certame organizado polos servizos de normalización de concellos, universidades e Deputación da Coruña que busca promocionar o talento en galego nas redes sociais. 28 finalistas optan aos galardóns nas sete categorías existentes, nunha edición que volveu bater récords de participación e que incorporou o Premio ao Mellor Pódcast.
-
01Youtubeiras 2026
O vindeiro venres 7 de febreiro ás 19 horas o Teatro Jofre de Ferrol acollerá a gala de entrega da novena edición dos premios Youtubeiras+. A gala será presentada por Leila Fernández (que forma parte da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke).
O evento incluirá a música de Russ e un difrector previo en Instagram a cargo de Gabri Fuentes.
-
027.500 euros en premios
Un total de 28 finalistas optan aos galardóns nas sete categorías existentes: Canle, Creación de contidos, Pódcast, Calidade lingüística, Revelación, Rede e Premio do Público. As dúas primeiras contan cunha dotación de 1.250 euros e o resto con premios de 1.000 euros, ata repartir un total de 7.500 euros.
O certame está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo e mais da Deputación da Coruña.
-
03Youtubeiras 2026
A edición deste ano do certame bateu o seu récord de participación, con 126 canles fronte ás 89 da edición anterior e as 68 da edición 2023. Destacan, con moita diferenza, os contidos creados en Instagram, TikTok e Youtube.
-
04Premio á Creación de Contidos
Premio á Creación de Contidos
- Aradeira de Súa (Ribeira)
- Konachadas (Concello de orixe: Viveiro, na actualidade reside en Rois)
- @adochinto (Porto do Son e Santiago de Compostela)
- @miguelblesta (Brión)
-
05Premio á Mellor Canle
Finalistas ao Premio á Mellor Canle
- antontisimo (@ant0ntisim0)(Burela)
- carlotaghatos (Melide)
- Rodri Míguez (Redondela e Bueu)
- Rogelio Santos Queiruga (Porto do Son)
-
06Premio ao Mellor Pódcast
Finalistas ao Premio ao Mellor Pódcast
- A ferida aberta no 36 (Santiago de Compostela)
- Diversos Pódcast (Ribeira)
- Fóra de Mapa Pódcast (Meis e Vigo)
- Prendidísima (Santiago de Compostela)
-
07Premio á Calidade Lingüística
Finalistas ao Premio á Calidade Lingüística
- daviidraamos_ (Cariño)
- @diegoauxx (Vigo)
- LongaLingua (Santiago de Compostela)
- @patriiotero (Santiago de Compostela)
-
08Premio Revelación
Finalistas ao Premio Revelación
- @langrans_ (Ourense)
- Mareando o xogo (Malpica de Bergantiños, Costa da Morte)
- @miradenovo (Bueu)
- O búnker debuxos (Ferrol)
-
09Premio Rede
Finalistas ao Premio Rede
- ChutenMeme (Santiago de Compostela)
- Descifrando a Historia (A Caniza)
- Galiactiva (Ourense)
- Noticias Dispersas (Ourense)
-
10Premio do Público
Tamén aumentou a participación no Premio do Público, categoría que decide unha nutrida comunidade de internautas que propuxeron primeiro as candidaturas para despois, cos seus votos, decidir a proposta gañadora. Nesta novena edición, as seareiras e os seareiros do proxecto propuxeron 49 vídeos para optar a este premio e emitiron 2326 votos.
Estes foron os catro finalistas nesta categoría:
-
11
Caldo de repolo
«Caldo de repolo», de Pakolas. Música infantil en galego, de Pakolas (Oleiros)
-
12
Os Bolechas van a servizos sociais
Os Bolechas van a servizos sociais, de ChutenMeme (Santiago de Compostela)
-
13
Cada historia, unha vida
«Cada historia, unha vida». 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela (Culleredo)
-
14
Fica coa bola
FICACOABOLA NUNS CUARTOS DE FINAL DE CONFERENCE LEAGUE | O noso blog máis especial con Miki Villar!, de Fica Coa Bola (Pontevedra e Santiago de Compostela)