28 finalistas para a novena edición dos Premios Youtubeiras, con récord de participación

Anuncio de finalistas, este martes en Ferrol. De esquerda a dereita: Xosé Manuel Rey, alcalde da cidade; Sol Agra, deputada de Lingua; Patricia Cons, concelleira de Educación; e Sara Pino, coordinadora do premio © Youtubeiras+

A gala de entrega terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 7 de febreiro e será presentada por Leila Fernández (que forma parte da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke)

A novena edición dos Premios Youtubeiras+ xa ten finalistas. O Concello de Ferrol acolleu este martes pola mañá o anuncio e igualmente a cidade naval será a sede da gala de entrega dos galardóns, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de febreiro ás 19 horas. A gala será presentada por Leila Fernández (que forma parte da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke).

Un total de 28 finalistas optan aos galardóns nas sete categorías existentes: Canle, Creación de contidos, Pódcast, Calidade lingüística, Revelación, Rede e Premio do Público. As dúas primeiras contan cunha dotación de 1.250 euros e o resto con premios de 1.000 euros, ata repartir un total de 7.500 euros. Entre as novidades, destaca a creación do Premio ao Mellor Pódcast, unha categoría que quere recoñecer o papel crecente deste formato para a lingua galega e que marcará tamén o formato da gala, concibida como a gravación ao vivo dun episodio especial do Pódcast Youtubeiras+.

Foto de familia das gañadoras e gañadores da edición 2025 de Youtubeiras+ © Aqueladas

Un total de 28 finalistas optan aos galardóns nas sete categorías existentes. A edición deste ano do certame bateu o seu récord de participación, con 126 canles fronte ás 89 da edición anterior e as 68 da edición 2023. Tamén aumentou a participación no Premio do Público

A edición deste ano do certame bateu o seu récord de participación, con 126 canles fronte ás 89 da edición anterior e as 68 da edición 2023. Tamén aumentou a participación no Premio do Público, categoría que decide unha nutrida comunidade de internautas que propuxeron primeiro as candidaturas para despois, cos seus votos, decidir a proposta gañadora. Nesta novena edición, as seareiras e os seareiros do proxecto propuxeron 49 vídeos para optar a este premio e emitiron 2326 votos.

O certame, que ten como obxectivo promocionar o talento en galego nas redes sociais, está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo e mais da Deputación da Coruña. 

A identidade das canles finalistas e os detalles sobre a gala de entrega foron anunciados en rolda de prensa polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística de Ferrol, Patricia Cons, e a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra.

A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra, sinalou a importancia dos novos públicos para o galego. “Youtubeiras+ abre un camiño de longo percorrido na medida que pon o foco na mocidade e nos espazo virtuais nos que as novas xeracións se relacionan e comunican”, dixo

A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra, sinalou a importancia dos novos públicos para o galego. “Youtubeiras+ abre un camiño de longo percorrido na medida que pon o foco na mocidade e nos espazo virtuais nos que as novas xeracións se relacionan e comunican”, dixo. Agra celebrou despois a implicación rotunda de Ferrol neste proxecto. “O concello sumouse na edición anterior á organización de Youtubeiras+ e xa no seu segundo ano, acolle a gala neste gran teatro que ten o público ferrolán, o Teatro Jofre”, sinalou a deputada.

Agra apuntou así mesmo que “nesta novena edición, os Premios Youtubeiras+ contan por vez primeira coa categoría de Premio ao Mellor Pódcast e por ese motivo a gala significará, en certo xeito, a gravación ao vivo do primeiro episodio dun pódcast moi especial: o Pódcast Youtubeiras+”. As entradas para a cerimonia de entrega serán gratuítas e pódense retirar xa a través da plataforma ataquilla.com, ou ben o propio 7 de febreiro no despacho de billetes do Teatro Jofre. 

Teatro Jofre, en Ferrol © Concello de Ferrol

Finalistas por categorías

 

Premio á Creación de Contidos

 

Premio á Mellor Canle

 

Premio ao Mellor Pódcast

Premio á Calidade Lingüística

 

Premio Revelación

 

Premio Rede

 

Premio do Público

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.