Unha ducia de fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia
A pasada semana a Hispanic Society of America anunciou a posta a disposición do público, na rede e de forma libre, de milleiros de fotografías tiradas por Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes pola Península Ibérica. A investigadora percorreu Galicia entre 1924 e 1926 durante 18 meses, realizando unhas 5.000 fotografías que retratan principalmente a vida rural e, sobre todo, as mulleres e os seus traballos. Tamén a infancia. Durante un século a maior parte deste traballo foi inaccesible, ata agora. Velaquí unha pequena mostra desta valiosa colección propiedade da Hispanic Society of America. E si, son ben máis dunha ducia. Pero é que é moi difícil escoller.
-
01Leiteira
Leiteira en Vilagarcía. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
02Parella de aldeáns
Parella de aldeáns en Santiago. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
03Rapaz cunha coroza
Rapaz cunha coroza en Pontevedra. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
04Feira de gando
Asistentes á feira de gando na Alameda de Santiago. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
05Mulleres levando palla para vender
Mulleres levando palla para vender en Santiago. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
06Interior dunha taberna
Interior dunha taberna en Padrón. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
07Muller levando porcos ao mercado
Muller levando porcos ao mercado en Santiago. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
08Nenas carrexando algas
Nenas carrexando algas en Noia. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
09Muller transportando leña nun carro de bois
Muller transportando leña nun carro de bois en Noia. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
10Mulleres tirando das redes de pesca
Mulleres tirando das redes de pesca no Ézaro. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
11Palilleiras
Palilleiras en Camariñas. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
12Nenos e nenas nunha rúa
Nenos e nenas nunha rúa en Muros. Ruth Matilda Anderson. 1924
-
13Neno levando partes de zapatos
Neno levando partes de zapatos en Cambre. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
14Vendedor de auga
Vendedor de auga na Coruña. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
15Neno labrego
Neno labrego en Lalín. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
16Nena lavando roupa
Nena lavando roupa en Sada. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
17Casa mariñeira
Casa mariñeira en Fisterra. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
18Mariñeiro en Fisterra
Mariñeiro en Fisterra. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
19Muller
Muller en Nigrán. Ruth Matilda Anderson. 1926
-
20Mulleres descargando a carga dun barco nun carro de bois
Mulleres descargando a carga dun barco nun carro de bois en Noia. Ruth Matilda Anderson. 1926